martes, 17 de enero de 2012

Fomentando a paz e a Non Violencia


Reflexións de Gandhi

O día 30 de Xaneiro conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.  Gandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Foi a cadea en numerosas ocasións. El ensinounos co seu exemplo que "Non hai camiños para a paz, a paz e o camiño"

dove_with_olive_branch_md_wht.gif

 Por outra banda, tamén celebramos nesta xornada o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz. Este foi fundado en 1964 polo Inspector de Ensino Lorenzo Vidal. É definida como unha xornada educativa de pacificación, co fin de realizar unha reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe de que "o amor é mellor que o odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra" (Vidal, 1972).
O noso colexio quere sumarse a dita celebración nese día cun acto que se realizara despois do recreo, onde cada aula formulará un desexo e haberá música e coreografía conxunta, acorde coa data.
Día da Paz
Recursos

A continuación aparecen recursos diversos sobre a paz e a non violencia, elaborada polo Colexio Público Víctor Sáenz, que nos mostra unha páxina cunha recompilación moi completa, agradecémoslles ao equipo de profesionais que fixo posible estes magníficos traballos.

 
  
 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario