sábado, 16 de febrero de 2013

Rosalía de Castro

Achégase de novo o 24 de febreiro, data en que naceu Rosalía , polo tanto adicada a lembranza de escritora.
Rosalía de Castro (24 de febrero de 1837 — Padrón, 15 de xulio de 1885) a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas.A súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade. Dende o século XIX Rosalía de Castro foi homenaxeada polas galegas e os galegos como poeta nacional.A súa obra foi traducida a numerosos idiomas, e un referente da literatura de linguas románicas a nivel mundial.
Este ano cúmprese o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, que celebraremos como se merece, nun acto especial no mes de maio co gallo  das letras galegas
Ademais na semana do seu aniversario, para celebralo, dende a Comisión da Biblioteca, propoñemos as seguintes actividades: Por unha banda, temos xa na biblioteca unha exposición con todo o material do que dispoñemos en relación a figura de Rosalía. Tamén realizamos un pequeno dossier para o mestre con: fotos , a biografía da autora e algúns poemas; así mesmo do 25 ao 28 de febreiro, visualizaremos por ciclos, durante a hora do Proxecto Lector unhas  montaxe sobre Rosalía feita polas nosas alumnas e alumnos de 5º de primaria.
Materiais:
  • Neste enlace realizamos unha recompilación de poemas musicados de Rosalía   Musicando a Rosalía

  • O CEP Pilar Maestu Sierra, A Pobra do Caramiñal obséquiannos con este excelente material:
Clica sobre a imaxe

2 comentarios:

  1. Traballando a 1:30 da mañá dun venres, éntranme remordementos. Grazas compañeras da biblioteca por este recopilatorio de Rosalía, é moi importante que a xente miuda coñeza a esta fantástica muller a través do traballo de outras fantásticas mulleres que queren ao galego.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas por valorar o traballo e grazas a persoas como Rosalía que non fan sentir máis orgullosos de ser galeg@s

      Eliminar