sábado, 24 de octubre de 2015

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Hoxe 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas Escolares, queremos aproveitar esta data para recordar a gran importancia que teñen as nosas Bibliotecas na vida escolar.
A Consellería de Cultura, Educación e Orientación Universitaria co lema BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPERIMENTACIÓNS, chama a traballar coa información; convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido. A imaxe responde á interpretación do lema elixido por parte do ilustrador e autor de banda deseñada FRAN BUENO.
Dende a nosa Biblioteca imos celebralo a vindeira semana, ca colaboración dos nosos entusiastas Bibliotecari@s,  que van facer de contacontos para os máis pequenos ( Infantil e primeiro nivel)

No hay comentarios:

Publicar un comentario