sábado, 24 de octubre de 2015

Gonzalo Hermo gaña o Premio Nacional de Poesía.

As Letras Galegas voltan a ter premios,  xa van varios, esta vez toca no ámbito da Poesía. Que mellor día que publicalo no dia das Bibliotecas escolares.
Gonzalo Hermo (Taragoña, 1987) foi galardoado co Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía Nova Miguel Hernández correspondente a 2015 pola obra “Celebración”, escrita en galego e publicada pola editorial Apiario. 
O premio distingue unha obra de poesía publicada en 2014 por un autor español menor de 31 anos. Hermo celebra o recoñecemento ás outras linguas do Estado con este premio e co recentemente outorgado a Ledicia Costas, xa mencionado neste bloguer (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por Escarlatina, a cociñeira defunta) porque "supón un maior enriquecemento xa que ás veces parece que linguas como o galego, eusquera e catalán non forman parte do mesmo Estado que o castelán nin da mesma cultura".
O xurado concedeu o premio á obra a Celebración  por abrir novos camiños para a expresión poética apuntando unha linguaxe arriscada e innovadora, neste libro, que trata sobre a memoria e o esquecemento, sobre a necesidade de construír sobre as ruínas, de romper o círculo e avanzar a pesar de todo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario