lunes, 2 de noviembre de 2015

O lobo e a Lúa

Neste mes que imos traballar o medo que mellor que un Lobo para crear ambiente, neste libro de teatro os personaxes non son o que a priori pensamos e van axudar a resolver o enigma de por que o lobo quere falar coa lúa...Segundo a propia autora, trátase dunha “peza teatral tenra, divertida e intrigante na que os seus personaxes –Nina, a tartaruga; Duarte, o elefante, e Miñao, un gato malhumorado– conviven a pesar das súas diferenzas”.
A actriz, guionista e directora teatral Andrea Bayer acadou o premio Barriga Verde na modalidade de teatro para rapaces con O lobo e a lúa, na súa edición de 2014.Nesta peza teatral, publicada agora por Baía Edicións e ilustrada por Chus Ferrín,

No hay comentarios:

Publicar un comentario