viernes, 4 de diciembre de 2015

Actividades literarias no Culturgal

No Pazo da Cultura de Pontevedra celébrase o Culturgal 2015, este 4, 5 e 6 de decembro , no Pazo da Cultura de Pontevedra.
As actividades literarias destacadas do programa para o sábado 5 son:
– 11:45 h. O recuncho do ebook. Espazo Foro.
– 12:15 h. Presentación revista cultural A Pedreira. Concello de A Lama. Espazo Libro.
– 12:30 h. Concerto presentación do disco libro Sira e o robot. Adventures on Titan, de Mark Wiersma e Miguel Mosqueira, publicado por Galaxia. Espazo Carpa.
– 12:45 h. Presentación de Romaría de historias, de Xosé Neira Vilas, publicado por Galaxia. Espazo Libro.
– 13:15 h. Recital e conversa con María do Cebreiro (autora de O Deserto) e Gonzalo Hermo(autor de Celebración), promovido por Apiario. Espazo Libro.
– 13:30 h. Presentación dos especiais da Revista Luzes sobre política e cultura. Espazo Foro.
– 16:15 h. Os modos do mármore + 3 poemas, de Ondjaki, publicado por Através Editora. Espazo Foro.
– 16:45 h. Mesa redonda: Literatura de fantasía en galego, promovida por Urco Editora. Espazo Libro.
– 17:00 h. Sinatura de exemplares de O Deserto, de María do Cebreiro e de Celebración, porGonzalo Hermo. No stand de Apiario.
– 17:30 h. Recital poético de Isaac Xubín co poemario Tempo de exilio, de Joseba Sarrionandia, publicado por Kalandraka. Espazo Libro.
– 19:00 h. Recital poético A boca da terra, de Manuel Rivas, publicado por Xerais. Espazo Foro.
– 19:00 h. Presentación da Axenda Feminista 2016. Elas na ciencia, por Lila de Lilith e Observatorio da Mariña pola Igualdade. Espazo Libro.
– 19:00 h. Sinaturas de Érica Esmorís, Andrea Maceiras e Héctor Cajaraville. No stand de Xerais.
– 19:30 h. Conversa con Marcos Calveiro, autor de Fontán (Premio de Narrativa Breve Repsol), Manuel Portas, autor de Lourenço, Xograr (Premio García Barros) e Arantza Portabales (Premio de Novela por Entregas de La Voz con Sobrevivindo), publicados por Galaxia. Conduce o xornalista Tino Santiago. Espazo Libro.
– 19:30 h. Sinatura de Manuel Rivas. No stand de Xerais.
– 20:15 h. Conversa con Érica Esmorís, autora de Nena e o mar (Premio Merlín), Andrea Maceiras, autora de Europa Express (Premio Jules Verne) e Héctor Cajaraville, autor de De remate (Premio Xerais). Conduce o xornalista Tino Santiago. Xerais. Espazo Libro.
– 21:30 h. Dar de contar a quen pasa. Con Candido Pazó, Celso Fernández Sanmartín, María Lado e Lucía Aldao. Espectáculo de pago. Auditorio

No hay comentarios:

Publicar un comentario