A novela, publicada recentemente na colección Fóra de xogo de Xerais, está protagonizada por un grupo de mozos e mozas que realizan unha viaxe Interrail por Europa ao rematar os seus estudos. Desenvólvese por distintos países e en distintos tempos (a actualidade e dez anos atrás, o tempo da viaxe) e unha postal serve para que Nico inicie o retorno ao pasado en busca de respostas ante a traxedia. Esta vai ser o pulso da vida de cada un dos personaxes, ela vai tecendo unha arañeira, unha trama psicolóxica á par da aventura de cada un deles na busca da súa identidade.
Outros temas coma o amor, a amizade, o desencanto da vida, os conflitos de identidade enriquecen a trama.
No hay comentarios:
Publicar un comentario