miércoles, 2 de marzo de 2016

Actividades en torno ao 8 de marzo


O 8 de marzo celébrase o cabodano da morte de 192 mulleres en Nova Iorque, que morreron por defenderen uns dereitos  laborais dignos. Hoxe as reivindicacións non cesan, dado que o mundo avanza pero non para as mulleres, onde sigue existindo a desigualdade laboral, desemprego, malos tratos por parte dos seus compañeiros, etc. Por tanto o  8 de marzo é a data onde  reivindicamos que ás mulleres correspondelles os mesmos dereitos e igualdade de oportunidades que os homes. 
Traballar na igualdade é un principio básico na nosa escola e no día a día, pero en torno ao 8 de marzo ímolo realizar dun xeito especial.
AsI seguindo a línea de cursos anteriores, imos tratar a importancia do papel das mulleres nas nosas vidas, para o que  aproveitaremos a experiencia de dúas mulleres importantes:

A primeira trátrase de Wangari Muta Maathai , unha Muller keniana moi famosa no contexto Internacional. Gañadora do Premio Nobel da Paz. no 2004, activista polo medio ambiente, a democracia, os dereitos humanos e especificamente os dereitos da muller,fundou o Movemento Cinto Verde que plantou xa máis de 40 millóns de árbores Aproveitaremos o noso PDI dos bosques para coñecer e aprender sobre esta  muller loitadora pola reforestación no seu país.
A segunda muller importante , nas nosas vidas , son as nosas avoas:Polo que propoñemos que o alumnado de primaria escriba sobre a vida dunha delas, contándonos historias e anécdotas que lle pasaron., pode ir acompañado dunha foto. Estas historias se exporán no corredor da biblioteca.
Con estas actividades a escola quere contribuír a sementar o xerme dunha mellor conciencia igualitaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario