Neste curso volvemos a ter un orzamento especial para realizar obradoiros dentro do programa "Radio na Biblio". De novo contamos con Damián da asociación " Ponte nas Ondas" para realizalos.
O luns 6 de febreiro realizamos dous obradoiros diferentes co alumnado de 4º e 5º de EP.
No primeiro traballouse a voz, como se debe vocalizar e interpretar un texto según sexa o contido: deportes, noticias, información, etc... Realizáronse interpretacións e actividades diversas durante dúas sesións en onde o alumnado aprendeu moito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario