Este é o blogue da Biblioteca Escolar do
CEIP Plurilingüe do "Pena de Francia" de Mos.
Información da nosa Biblioteca
▼
lunes, 9 de octubre de 2023
Alumnado de Aceesca coñecendo a nosa biblioteca
O martes 3 de outubro tivemos unhas visitas especiais, viñeron a coñecer a nosa biblioteca unha parte do alumnado do centro de educación de atención ás persoas con diversidade funcional, Aceesca de Porriño.
Os nosos bibliotecarios/as recibiron con entusiasmo a visita de alumnos/as e profesorado de Aceesca. Compartiron con eles a nosa biblioteca, os nosos recunchos e cada un dos recursos.
A nosa cabana para a lectura no exterior encantoulles! A nós encantounos recibilos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario