Un ano máis celebramos o Día das Bibliotecas Escolares ca lectura de libros.
Pero neste curso o realizamos co apoio do noso Kamishibai e varias axudantes da biblioteca de 6ºA.Para esta actividade previamente eliximos varios libros, preparamos as ilustracións e por suposto as lecturas co alumnado.
Durante varios días diferentes cursos desfrutarán desta actividade na biblioteca durante o proxecto lector!
Empezamos a semana co libro da editorial kalandraka "Xaime e as Landras" da man das excelentes contacontos María e Uxía. Tiveron que realizar dous pases, un deles para os cursos de 1ºA e 1ºB e outro para 2ºA e 2ºB.
Foi unha actividade que lles encantou !!
No hay comentarios:
Publicar un comentario