miércoles, 28 de septiembre de 2016

Clube de lectura para as familias

Neste  curso  a Biblioteca empeza un novo proxecto,  no que  as familias serán  as protagonistas.  Queremos organizar un clube de lectura familiar, onde en torno a un libro disfrutemos non só da lectura senón de compartir  opinións,  sentimentos e, por suposto, o disfrute da compañía.
Que hai que facer para participar? Ler o libro que se indica, e na data que se marca, comentaremos  o libro e as impresións  producidas: temática, estilo, personaxes, reflexións… As familias que vaian participar avisarán, a través dos seus fill@s, aos titor@s.
A data elexida será o 20 de decembro ás 19 horas na Biblioteca. 
O libro elexido neste trimestre é:
LA BIBLIOTECA DE LOS MUERTOS de Glenn Cooper.
A Biblioteca do centro prestará o libro en formato dixital e  papel, e  a Biblioteca municipal de Mos colaborará no proxecto adquirindo  varios exemplares. 
Resultado de imagen

No hay comentarios:

Publicar un comentario