jueves, 3 de noviembre de 2016

Revista O PAPAGAIO,

Acaba de saír o primeiro número da revista O PAPAGAIO, baixo a dirección de Abraham Carreiro e editada por Edicións Moito Conto. A revista está destinada ao alumnado de primaria e secundaria e publicada integramente en galego.A ciencia, a tecnoloxía, a ecoloxía, a historia, a arte, a cultura, a integración ou a banda deseñada teñen unha sección fixa na revista e os textos están asinados ou asesorados por persoas expertas na materia.
Os contidos da revista, ben interesantes, poden axudar co traballo informativo nos diferentes ámbitos e téñen cabida as achegas dos centros de ensino.

No hay comentarios:

Publicar un comentario