miércoles, 18 de enero de 2017

Marilar Aleixandre ingresa na Real Academia Galega



A bióloga e escritora ingresou o 14 de xaneiro de 2017 na Real Academia Galega, ocupando a cadeira que deixara baleira Xosé Neira Vilas.
Moitas son as obras de Marilar Aleixandre dirixidas ao público infantil e xuvenil, desde A formiga coxa a Catro cascarolos, A expedición do Pacífico á Cabeza de Medusa, en prosa. En poesía, A ovella descarreirada.
A autora ten visitado moitas bibliotecas escolares para falar dos seus libros e os clubs de lectura teñen as súas novelas entre as preferidas. Ten recibido premios como o Merlín ou o Premio da Crítica por A expedición do Pacífico, o Rañolas, O Trasno de Alqueidón, o Lazarillo por A banda sen futuro ou o Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil por A cabeza da medusa.
Destacamos tamén o seu papel a prol do galego nas ciencias,tanto na literatura como desde a súa Cátedra de Didáctica das Ciencias na USC.
Fina Casalderrey, na súa resposta di que “Marilar chega á Academia con cestos ateigados de ideas, de palabras descareiradas coas que nomear os animais e as plantas todas, dende as que se refiren aos seres máis aparentemente insignificantes" ata "os que asoman por primeira vez".

No hay comentarios:

Publicar un comentario