miércoles, 15 de marzo de 2017

Muller loitadora

Angeles na súa casa, cando a convencimos para que viñera ao centro
Nesta semana seguimos conmerando o 8 de marzo coñecendo a unha gran muller loitadora, Mº de los Angeles Caldas Almuster, veciña de Tameiga, que tivo a xentileza de estar no centro para disfrutar da súa compañía,  coñecer trazos da súa vida e, como non, mostrarnos as súas obras de arte.
Falounos das duras vivenzas persoais: dunha infancia chea de traballo cando eres a maior de entre seis irmáns e tes unha nai doente; da chegada do amor da man do seu home e de dous fillos; da dor  de ter que emigar a Suiza tendo que deixar aos fillos;  da gran dificultade de  aprender un idioma que descoñecía, o alemán, e a necesidade de aprendelo buscando cada noite palabras novas no dicionario para poder comprender e falar;  a añoranza  e a necesidade dos seres queridos, os impedimentos das autoridades suizas para levar aos fillos e a boa adaptación destes ao novo país, o regreso definitivo ao cabo de 27 anos deixando esta vez non só aos fillos senón tamén aos netos. Falounos da morte da seu home e como foi aprendendo a vivir de novo co traballo continuo da casa, a horta (chegou a gañar premios), o encaixe de boliños, a realización de diversas manualidades, obras sociais e tamén a faceta de escribir contos e poemas.
A mensaxe  que nos transmiteu Angeles neste día foi a  alegría e a ilusión ante a vida, a perseverancia por aprender e de crear,  a fortaleza para continuar cara diante a pesar dos atrancos. 
Para rematar regalounos esta frase que ela sempre emprega "o que quere pode" e tamén leeunos algúns dos seus poemas.
Dende aquí queremos mostrarlle o noso agradecemento por  esta tan grata e interesante visita . Moitísimas grazas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario