jueves, 23 de marzo de 2017

Pedro Feijoo no club de lectura

O  día 21  reunímonos un grupo de nais e algunhas profesoras  para falar do libro dos Fillos do Mar. 
Iniciamos a sesión  comentamos a nivel xeral as boas impresións en torno da lectura do libro e  a continuación conectamos por videoconferencia co autor, Pedro Feijoo.
As preguntas  foron moitas e variadas, el moi amablemente foi  respondendo dunha maneira interesante e amena.
Contounos a súa vinculación cos lugares nos que transcurre a novela; como descubriu ao arquitecto Michel Pacewicz a través dos preciosos edificios  en Vigo; como lle marcou as historias que lle contaba  seu avó camiño ao xornal Faro de Vigo; tamén a súa paixón dende pequeno pola literatura e por suposto pola música,
Asi durante case unha hora. foinos desgranando  feitos, vivenzas,  historias que deron lugar ao libro  Fillos do Mar, novela que disfrutamos, e que de seguro, xa gardaremos por sempre un moi agarimoso recordo.
Agora só nos queda esperar ao seu novo libro, que xa poidemos comprobar está moi avanzado.
Agradecemos a Pedro a amabilidade de agasallarnos co seu tempo, coa súa alegría e cercanía. Desexámoslle moita sorte nos vindeiros proxectos.

1 comentario: