Chegounos á biblioteca a interesante recomendación realizada por unha familia, "El rombo feroz".
Si che gustan os contos clásicos contados de forma diferente, este é o teu libro!.
Non te perdas as aventuras do rombo Feroz e o resto de figuras xeométricas que viven no bosque de liñas. Conseguirán Circuliña Vermella, os tres trianguliños e os sete cuadradiños que o rombo deixe de ser o persoaxe máis temido do conto?
Trátase da segunda publicación en Canica Books da coñecida autora Gracia Iglesias, un álbum ilustrado por Cecilia Moreno, cheo de diversión, cor e xeometría.
Ademais non é un libro, son tres libros nun!


No hay comentarios:
Publicar un comentario