Celebramos un novo club de lectura por parte das alumnas de 6ºB ca novela gráfica “El curioso caso de Benjamin Button”
A escritura deste libro naceu a raíz dun comentario de Mark Twain acerca de que era unha pena que a mellor parte da vida viñera ao principio e a peor parte ao final. Así Scott Fitzgerald escribiu esta novela sobre o proceso inverso protagonizado por Benjamin Button, un sexaxenario recén nacido que misteriosamente cumpre en cada aniversario un ano menos. As lectoras deste libro manifestaron que desfrutaran tanto da lectura como das ilustracións; ademais deu lugar a moitas reflexións interesantes, polo que decidimos realizar un programa de radio sobre el.
No hay comentarios:
Publicar un comentario