Este é o blogue da Biblioteca Escolar do
CEIP Plurilingüe do "Pena de Francia" de Mos.
Información da nosa Biblioteca
▼
lunes, 29 de abril de 2024
Obradoiro de radio
O alumnado de terceiro e cuarto asistiu a un obradoiro de radio, impartido por Soledad Felloza.
Este obradoiro foi sufragado por estar a nosa biblioteca no proxecto de Radio na Biblio.
Aprenderon técnicas importante para realizar unha boa gravación de radio, así aprenderon a importancia da voz como ferramenta esencial para contar e transmitir sentimentos e emocións. Tamén coñeceron diferentes contos e os seus autores. Terminaron interpretando unha canción con diferentes voces e xestos! Pasárono xenial!
No hay comentarios:
Publicar un comentario