Este é o blogue da Biblioteca Escolar do
CEIP Plurilingüe do "Pena de Francia" de Mos.
Información da nosa Biblioteca
▼
jueves, 5 de diciembre de 2024
Día da diversidade funcional
O 3 de decembro conmemórase o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas.
Dende hai anos a biblioteca dende hai anos conmemoramos esta data tan importante, por un lado expoñemos libros que temos nos andeis sobre discapacidade para que o alumnado e profesorado poidan desfrutar deles. Por outro lado neste curso achegamos no Kamishibai o libro "Mimí e a xirafa Azul" da edicións Baia Edicións, un libro que nos fala da inclusión, o respecto e o amor ás diferenzas. Os encargados da función co Kamishibai van ser Valeria, Daniel e Pablo C. de 5º de EP, todos bibliotecarios. Realizarán dúas funcións na biblioteca, unha para o alumnado de Infantil e outra para primeiro ciclo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario