Este é o blogue da Biblioteca Escolar do
CEIP Plurilingüe do "Pena de Francia" de Mos.
Información da nosa Biblioteca
▼
martes, 7 de enero de 2025
Despedida da profesora Mari
Empeza un novo
ano e con el comezo o segundo
trimestre, onde haberá sorpresas e cambios. Un deses cambios será que xa non
contaremos ca profesora Mari Carmen
Rojo. Despois de varias
décadas traballando no ensino, e moitos deses anos no noso centro, déixanos para xubilarse.
Agora tócalle
desfrutar dunha nova etapa coa tranquilidade de saber que o teu traballo foi
moito máis que unha tarefa: foi vocación, inspiración, paciencia e compromiso.
E como di José María Toro "O mestre deixa a súa pegada na alma de cada
neno/a, non co que ensina, senón, con que é".
Unha experiencia pracenteira traballar todos estes anos na súa compañía!! A continuación
recóllese a entrevista realizada polo alumnado de quinto con motivo da súa marcha do
colexio. Escoitade veredes que interesante!
No hay comentarios:
Publicar un comentario