Este é o blogue da Biblioteca Escolar do
CEIP Plurilingüe do "Pena de Francia" de Mos.
Información da nosa Biblioteca
▼
domingo, 23 de febrero de 2025
Día de Rosalía
O 23 de febreiro está recollido como o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a poeta de referencia da literatura galega.
Son moitas as institucións que se suman desde hai anos a esta celebración do día de Rosalía; dende a biblioteca aproveitamos para dar a coñecer ao alumnado os poemas, a vida e o significado desta gran autora. Realizamos unha exposición cos libros que temos da escritora.
Neste curso quixemos, de novo, que a vida e obra de Rosalía cobrase vida nas voces e artes gráficas do noso alumnado. Así en cada aula crearon, entre outras cousas, un mural da escritora, aprenderon da súa vida, poemas... e gravaron na radio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario