Este é o blogue da Biblioteca Escolar do
CEIP Plurilingüe do "Pena de Francia" de Mos.
Información da nosa Biblioteca
▼
jueves, 20 de marzo de 2025
8 M: Mulleres de Europa
Dende
a comisión de biblioteca quixemos volver conmemorar o Día Internacional da Muller realizando algo especial. Aproveitando que dentro do noso PDI “Viaxando por
Europa” estudaban en cada aula mulleres
destacadas de cada país, pedimos que escolleran unha muller de cada nacionalidade, acompañada dunha foto e unha
breve reseña. Con ese material realizamos un mural . Para elaboración das letras do mural “Mulleres
de Europa para o mundo” beneficiámonos da
nosa cortadora laser, así como dun dos nosos bibliotecarios que se encargou de elaborar o formato e imprimir. A continuación co programa CANVA creáronse
unha maqueta de cada unha das Mulleres importantes elixidas. Para rematar un mapa do mundo serviu para enmarcar
nos países onde naceron estas mulleres emprendedoras. Así
de bonito quedou o mural deste ano 2025!
No hay comentarios:
Publicar un comentario