Este é o blogue da Biblioteca Escolar do
CEIP Plurilingüe do "Pena de Francia" de Mos.
Información da nosa Biblioteca
▼
miércoles, 23 de abril de 2025
23 de abril día Mundial do Libro
Chegou o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor e con el a edición do cartel para conmemorar este día 23 de abril de 2025, acudiuse, como en anos anteriores, a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor e director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, Manuel Núñez Singala, recoñecido polo lectorado infantil e xuvenil galego co Premio dos Clubs de Lectura 2023. Dende o noso centro para esta semana especial temos nos andeis moitas novidades editoriais para as diferentes idades. O venres 25 de abril celebramos o día do libro co noso apadriñamento e amadriñamento lector, como en cursos anteriores, onde saíremos ao patio e cada un do noso alumnado máis maior vai ler aos máis pequenos/as.
No hay comentarios:
Publicar un comentario