Información da nosa Biblioteca

domingo, 18 de mayo de 2025

Celebrando as Letras Galegas

 Celebramos o Día das Letras Galegas no colexio por todo o alto. 
Este ano quixemos que as familias foran participes das actividades que realizamos co alumnado, por iso decidimos que participaran na elaboración das alfombras florais que se elaboraron por cada aula no patio. 
Os cursos de quinto e sexto de primaria foron os encargados de crear os dous maios. Sendo o alumnado de quinto de primaria os que inventaron as coplas dos maios para  ese día cantarlle ao ritmo de pandeiretas, cunchas…
Como este ano dedícase  o Dia das Letras Galegas as pandereiteiras  tivemos a sorte que un grupo de nais viñeran a cantar acompañadas das súas pandeiretas.
Así mesmo a biblioteca encargouse de mostrar uns traxes tradicionais da nosa cultura acompañados de instrumentos musicais.
En definitivo unha xornada chea de cultura, identidade, convivencia, creatividade, diversión...










No hay comentarios:

Publicar un comentario