Este é o blogue da Biblioteca Escolar do
CEIP Plurilingüe do "Pena de Francia" de Mos.
Información da nosa Biblioteca
▼
jueves, 5 de marzo de 2026
Programa de radio de 4ºB
O venres 27 de febreiro tivemos un obradoiro de radio, organizado pola biblioteca, impartido por Damián Alonso.
Damían, xa estivo noutras ocasións no centro, é dobrador de voz en series, películas e debuxos animados.
Os rapaces e rapazas de 4ºB aprenderon a elaborar un guión de radio, a ser técnicos de son, a modular a voz e a falar coma se fosen verdadeiros locutores de radio.
Foi unha mañá moi intensa, onde houbo moita atención, creación, motivación e diversión. A continuación vai o resultado dese traballo realizado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario