Un Samaín terrorificamente divertido na nosa radio! 👻
O alumnado de 4º A preparou e gravou un programa moi especial dedicado ao Samaín, cheo de misterio, historias arrepiantes e moitas sorpresas.
Con moita ilusión, creatividade e traballo en equipo, os nenos e nenas convertéronse en auténticos locutores e locutoras para compartir connosco a maxia desta celebración tan especial.
Desde a biblioteca queremos convidarvos a escoitar este programa e gozar do estupendo traballo realizado polo alumnado.
📻 Dálle ao play e prepárate para pasar un Samaín de medo!
Parabéns a todo o alumnado de 4º A polo seu fantástico traballo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario