Dende a biblioteca, presentamos os Bibliocarros, carriños cargados de libros relacionados con temas de actualidade que estemos traballando no centro, e que estarán un día enteiro en cada aula, para pasar ao día seguinte a outros compañeiros. Aquí deixámosvos algunhas fotos do Bibliocarro da Paz, e estade atentos, porque moi pronto chegarán as aulas con temas novos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario