Os bosques é o proxecto documental que desenvolverá o CEIP Pena de Francia de Mos durante o curso 2015/2016 e que estará coordinado polas diferentes Comisións do centro dende a Biblioteca Escolar, Dinamización da Lingua Galega, Tics e Estraescolares. Elaborando para elo unha programación anual por trimestres, onde as diferentes áreas estén interconexionadas, sendo a tarefa final do curso a saída a un bosque autóctono. Os Proxectos Documentais Integrados son un excelente instrumento para xerar e estimular novas formas de aprender, acordes coa sociedade da información. Son unha forma de traballo que permite transformar a información en coñecemento e onde a Biblioteca Escolar convértese no eixo da acción educativa. O traballo en base a proxectos implica unha filosofía educativa centrada no alumnado, pondo o acento nos procedementos pero sen descoidar en ningún momento os contidos. Trátase de traballos de investigación nos que o alumnado traballa directamente coa documentación, aprendendo a traballar autónomamente. Algúns dos aspectos máis relevantes do traballo por proxectos son o significativo da aprendizaxe e o traballo cooperativo, tan fundamental no noso centro..
Información da nosa Biblioteca
▼
No hay comentarios:
Publicar un comentario