Na guía que estamos elaborando para empréstito tanto para o profesorado como para pais e nais, incluímos este libro"Educar en la Realidad" de Catherine L´Ecuyerque, que nos pareceu moi interesante sobre a reflexión que se prantexa sobre as novas tecnoloxías.
Según a autora os nosos fill@s aprenden en clave de realidade. Para poder captala, necesitan relacións interpersoais, contacto coa beleza e motivos para actuar con sentido. Necesitan sensibilidade, empatía, espírito atento. Con todo, nun mundo no que as pantallas están cada vez máis presentes, poden padecer un déficit de realidade.Nese sentido, a autora desvela con evidencias claras unha serie de mitos educativos e demostra que a mellor preparación para utilizar as novas tecnoloxías de forma responsable ten lugar na realidade; é dicir, que a mellor preparación para o mundo online é o mundo offline.Neste libro L´Ecuyer debúllanos a situación e percepción da infancia coas pantallas e fálanos do mundo palpable, do mundo sensorial que nos rodea, das relacións que se necesita construír.
Información da nosa Biblioteca
▼
No hay comentarios:
Publicar un comentario