O actor Anxo Manoel da compañía Lucecús Teatro, apareceu no escenario do noso colexio con unha Caixa chea de risas e poesías de Manuel María que foi construíndo a partir do personaxe dos seus libros Manuel de Paderne: Un home que posúe o enfeitizo poético e o dominio da palabra que fai parar as augas dos ríos, variar a situación dos mares, abrollar as fontes ou curar as persoas. Manuel de Paderne é algo poeta, tamén traballa de barbeiro e de alguacil municipal.A partir dos textos de Manuel María, o actor, fai unha viaxe divertida e curiosa a través de varias historias que lle acontecen a este máxico personaxe.




No hay comentarios:
Publicar un comentario