Agustín foise discretamente como era el , deixándonos orfos
.Agustín Fernández Paz (Vilalba, Lugo, 1947-2016) é un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da Literatura infantil e xuvenil, en Galicia e no resto de España. É autor de máis de corenta e cinco títulos dirixidos preferentemente a lectores infantís ou xuvenís. Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás outras linguas españolas: castelán, catalán e eúscaro. Tamén se traduciron diversos títulos ao coreano, portugués, francés e árabe.Destacamos entre as súas obras as seguintes:
- As flores radioactivas
- Contos por palabras
- Trece anos de Branca
- Cartas de inverno
- As tundas do corredor
- Cos pés no aire
- Aire negro
- O meu nome é Skywalker
- A escola dos piratas
- Luz de Senegal
Durante a súa traxectoria, Agustín recibiu varios galardóns polas súas obras. O premio Lazarillo, Edebé Xuvenil, Barco de Vapor, Merlín, protagonista Jove, Edebé Infantil, Rañolas, Raíña Lupa, Martiño Sarmiento, Xosé Neira Vilas ou o premio Trasalba.Agustín pensaba que as palabras posuían a forza necesaria para cambiar o mundo e afirmaba que os libros eran imprescindibles para axudar a soñar e a vivir.
Información da nosa Biblioteca
▼
No hay comentarios:
Publicar un comentario