O luns 22 de outubro estivo Noelia, nai de Ximena de cinco anos, a contarlle a todo infantil unha morea de contos, cada cal máis interesante. Asi vivimos a historia de Garabanciño, a de Violín, disfrutamos ca aventura de Rescate animal e a dun Becho Estrano e por último coñecemos aos pretendentes da Ratiña fachendosa. Unha mañá entrañable en torno á lectura, grazas Noelia por trasladarnos ao mundo da fantasía.
Para min foi un pracer compartir estes contiños con vós! Moitas grazas por convidarme a contar na biblioteca, e noraboa pola marabillosa labor que facedes!
ResponderEliminarNoelia