Este é o blogue da Biblioteca Escolar do
CEIP Plurilingüe do "Pena de Francia" de Mos.
Información da nosa Biblioteca
▼
miércoles, 19 de octubre de 2022
Club de lectura 6ºA
O venres 14 de outubro
reunímonos en torno ao libro de Agustín Fernández Paz "Cartas
de Inverno" co alumnado de 6º A, despois do recreo no tempo do
proxecto lector. Foi un momento cheo de relax, alegría e
comunicación. Participaron activamente todos e todas dando opinións
sobre os diferentes personaxes, como podría ser o final do libro,
pedindo ou dando interpretacións de páxinas que non entenderon...
En difinitiva un libro que lles gustou moito e lles espertou moito
interese. Aproveitamos ese momento para compartir xuntos uns doces
que estaban moi ricos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario