Este é o blogue da Biblioteca Escolar do
CEIP Plurilingüe do "Pena de Francia" de Mos.
Información da nosa Biblioteca
▼
domingo, 9 de octubre de 2022
Club de lectura do alumnado
Volvemos a ter club de lectura de alumnado nas dúas aulas de 6º de E.P.
Un curso máis agradecemos ao IES de Ribeira en Torneiros o volver cedernos libros do seu catálogo.
En 6ºA o libro de “Cartas de Inverno”, versión en banda deseñada da novela do mesmo nome de Agustín Fernández Paz, un dos clásicos da narrativa galega contemporánea.
En 6ºB o libro escollido de narrativa foi a "A granxa dos animais" de George Orwel, da editorial Narrativa K. Unha sátira contra as ditaturas, unha fábula moderna que critica os totalitarismos e a corrupción que enxendra o poder.
No hay comentarios:
Publicar un comentario