Este é o blogue da Biblioteca Escolar do
CEIP Plurilingüe do "Pena de Francia" de Mos.
Información da nosa Biblioteca
▼
sábado, 6 de mayo de 2023
Visita de Iria Misa
O venres 5 de maio visitounos a escritora Iria Misa, con motivo da lectura do libro "A cidade do Átomo", por parte do alumnado de cuarto e quinto de primaria. Reuníronse na biblioteca onde falaron moito do libro, xa que espertou moito interese a temática da catástrofe de Chernobil. O alumnado fíxolles moitísimas preguntas que ela foi respondendo con gran amabilidade, asinou os libros e realizou un programa de radio. Unha mañá intensa, dende aquí queremos a agradecer a Iria por adicarnos o seu tempo e tamén a editorial Anaya por facilitar esta visita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario