O venres 28 de novembro estivemos na presentación en Vigo na librería "Libros para soñar" do libro "Beland, un lugar en el mundo" publicado pola editorial Brau.
A autora Laura Torres e a ilustradora Raquel Aparicio dan vida a unha nova palabra (Beland), que significa “o lugar que te fai sentir na casa, protexido, en paz”.
Este libro, publicado con fins benéficos, forma parte do movemento #Beland que, xunto con Save the Children, está a recadar fondos para axudar a nenos en situacións de conflito. #Beland é unha iniciativa da Fundación Alba Torres Carrera que defende o dereito fundamental de todas as persoas a ter un lugar onde se sintan seguras. Tamén busca promover unha linguaxe social baseada na convivencia e o respecto, onde as palabras importan.
Un libro que mercamos para o centro, asinado pola autora.

No hay comentarios:
Publicar un comentario