Este é o blogue da Biblioteca Escolar do
CEIP Plurilingüe do "Pena de Francia" de Mos.
Información da nosa Biblioteca
▼
lunes, 8 de diciembre de 2025
Club de lectura de sexto
A lectura do grupo de sexto neste primeiro
trimestre foi o libro "NEREA. A INVASIÓN DOS TRASTOS" da editorial
Xerais.
Na primeira reunión que tivemos onde
explicamos en que consistía un club de lectura e a súa organización anotáronse nove persoas, na
seguinte reunión onde descubriron cal era o libro a ler, pareceulles
interesante e xa se anotaron vinte alumnos/as. O mércores día 3 de decembro reunímonos
na biblioteca para falar do libro. O primeiro que fixemos foi coñecer aos autores e
a súa obra, Pablo Prado e Miguel Rojo. O libro trata dos excesos no uso das novas
tecnoloxías. A todos gustoulles a temática e as
ilustracións, resultándolles entretido e divertido. Coincidían todos en que lles pareceu moi corto. Foi unha reunión onde quixeron falar todos/as
para dar a súa opinión e destacar o que máis lles divertiu. Acompañamos a reunión duns doces que fixo que
o tempo se fixese curto. Tiñamos previsto ver un pequeno episodio de Dragon Ball en galego pero non foi posible,
queda para outra ocasión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario