Despois do éxito do anterior libro de Escarlatina, Ledicia Costas, que estivo hai uns meses no noso centro, acaba de publicar na editorial Xerais un novo libro chamado "Esmeraldina, a pequena defunta", que de seguro fará as delicias dos lectores, como o anterior.
O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias, dispostos a instalarse.
Información da nosa Biblioteca
▼
No hay comentarios:
Publicar un comentario