Hoxe inauguramos a nosa Biblioteca Orbil! 💛✨📚
Coincidindo coa celebración do Día das Bibliotecas, abrimos as portas a un novo curso cheo de historias, aventuras e ilusións por compartir.Os máis pequenos recibiron uns globos de agasallo para celebrar este día tan especial.🎈
O alumnado de 5º e 6º estivo lendo contos aos nenos e nenas de Educación Infantil e compartindo con eles a maxia das historias. 📖
Ademais, todos os cursos recibiron a súa mochila viaxeira, que durante este curso levarán ás súas casas cargada de libros para gozar en familia 🎒
Comeza unha nova aventura na Biblioteca do CEIP Pena de Francia! Que non falten nunca as ganas de ler nin as historias que nos fan soñar. 💚📚
Benvidos e benvidas á nosa biblioteca! ✨

No hay comentarios:
Publicar un comentario