jueves 15 de marzo de 2012

Igualdade





Neste mes de marzo onde se celebra o Día Internacional da muller traballadora o departamento de orientación do colexio propóñennos traballar a igualdade.





A coeducación é unha das ferramentas máis útiles para poder acadar a igualdade, transformando así a realidade actual. Coeducar implica educar sen diferenciar as mensaxes en función do sexo. Marina Subirats, Catedrática de Socioloxía da Universidade Autónoma de Barcelona, aporta dez ideas sobre a coeducación:
1.Facer o máximo esforzo para que as nenas e nenos vaian á escola, cando menos nas idades de escolarización obrigatoria.
2.Conseguir que as nenas e os nenos acudan aos mesmos centros educativos e compartan as mesmas aulas.
3.Promover o acceso das nenas, en igualdade de condicións, a todas as formas de cultura, coñecemento, currículo, actividades, recursos, xogos, deportes ... aos que teñen acceso os nenos.
4.Analizar os elementos de poder e autoridade, o uso da linguaxe, os usos dos espazos e os tempos, os libros de texto, o currículo oculto, as formas de deporte, etc.
5.Rescatar e introducir sistematicamente a figura de mulleres que tiveron relevancia nalgún ámbito da cultura ou a sociedade.
6.Rescatar e introducir sistematicamente elementos característicos das tarefas de xénero para a superación dos estereotipos.
7.Establecer un plan de traballo para modificar pautas sexistas.
8.Modificar a distribución do poder nos centros.
9.Ensinar ás nenas a participar con eficacia nos xogos e deportes tipicamente masculinos.
10.Considerar toda a cultura escolar á luz de valores tradicionalmente femininos.

William Faulkner: "Vivir en calquer parte do mundo hoxe e estar contra a igualdade por motivo de raza ou de cor,  é como vivir en Alaska e estar contra á neve."

Kofi Annan:  "A igualdade das mulleres debe ser un compoñente central en cualquer intento para resolver os problemas sociais, económicos e políticos."










lunes 12 de marzo de 2012

Inacio Vilariño na escola

Inacio estivo este luns no colexio, conquistando aos alumn@s co seu espectáculo, que non se cansaban de pedir “outra,outra”. Houbo cancións, contos, teatralización… e sobre todo moita diversión e participación.






domingo 11 de marzo de 2012

Celebrando o 8 de marzo

A escola sumouse a celebración do día Internacional da muller traballadora, co obxectivo de sensibilizar ao alumnado sobre a discriminación que sufren as mulleres e lograr que con boas actitudes a sociedade vaia cambiando.
O acto de conmemoración estivo enmarcado por unha explicación da data, polo visionado dun vídeo sobre corresponsabilidade e pola interpretación, por parte dos colaborad@s da Biblioteca,do libro do País dos Mandóns, que o fixeron realmente moi ben, noraboa polo esforzo!!
As fotos están como mostra.

sábado 10 de marzo de 2012

O contacontos Inacio Vilariño visítanos.

O vindeiro luns, 12 de marzo, disfrutaremos da presenza do escritor,contacontos, director... Inacio Vilariño. Acude por xentileza do Consorcio Editorial Galego S.A. Esta animación está pensada para o alumnado de primeiro e segundo ciclo, co fín de acercar un pouco máis ao mundo da literatura, dos contos, da fantasía, da creatividade...
Inacio adícase ás artes escénicas e dirixe a compañía Fantoches Baj coa que ten representado, entre outras, Tío Miseria, unha versión teatral dun conto popular do que tamén publicou a adaptación para os lectores de Infantil Tío Miseria (publicada por Baía no 2008)
A súa admiración pola cultura popular refléxase non só no eido investigador senón tamén no creativo, sobre todo na literatura dramática, pois mereceu o VII Premio Barriga Verde de Textos para teatro de monicreques na modalidade de adultos no ano 2009 coa obra Auga que non vas beber..., e no 2010 o VIII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade infantil con Fábula galénica (Baía Edicións/Xunta de Galicia, 2011)

A cuberta da obra ‘Fábula galénica’


viernes 9 de marzo de 2012

Unha década sen Carlos Casares


Un día como hoxe, 9 de marzo,  de hai dez anos deixounos Carlos Casares (1941-2002)
Queremos recordar con agarimo a quen foi editor, tradutor, biógrafo e ensaísta, escritor de literatura infantil e xuvenil, membro da Real Academia Galega e deputado do PSG-PSOE nas eleccións de 1981, pero tamén  lembrar  a súa gran contribución na redacción e aprobación da Lei de Normalización Lingüística no ano 1983 e na creación do Consello da Cultura Galega.

miércoles 7 de marzo de 2012

A escola celebra o día Internacional da Muller Traballadora

Un ano máis celebramos na escola o 8 de Marzo, data que pretende lembrarnos que as mulleres aínda segen sendo tratadas de xeito diferente aos homes na sociedade e ata na nosa propia casa.
Este curso dende a comisión de Biblioteca, imos tentar sensibilizar ao noso alumnado sobre a CORRESPONSABILIDADE…..
E qué significa esta palabra?Corresponsabilidade significa responsabilidade compartida, é decir, que as mulleres e os homes teñamos un reparto equitativo de responsabilidades, tarefas, traballos, porque iso é un beneficio para todos e todas:
• Igualdade entre homes e mulleres
• Relacións sin tensións nin conflitos
• E por último, poder disfrutar do tempo de ocio todas e todos por igual.
Con esa pretensión esta comisión monta un acto que persigue sensibilizar ao alumnado sobre ese tema, onde se explicará porque se celebra esta data, haberá un visionado dun video moi didáctico sobre corresponsabilidade chamado “Sorkunde” e por último os/as colaboradores da biblioteca realizarán unha teatralización do libro No país dos mandóns.
 A continuación pódese ver o vídeo Sorkunde e a montaxe realizada polo equipo de TIC do EEI de Milladoiro sobre o libro O país dos mandóns .

No país dos mandóns uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas xoguen, saian ou traballen fóra da casa. O cambio desas normas tan inxustas  crea un novo país da Igualdade. Esta historia con ton de humor móstranos as múltiples situacións cotiás nas que se adoptan papeis e condutas estereotipadas e proponnos modelos para potenciar a igualdade de oportunidades desde a infancia e en todos os ámbitos da vida laboral, familiar e social.

jueves 1 de marzo de 2012

Disfrutando co escritor Ricardo Gómez

Foi un día fantástico, Ricardo Gómez obsequiounos cunha visita moi agradable, o alumnado estivo moi atento de todo o que lles narraba o autor dos libros, que eles tanto disfrutaron, para rematar asinoulles o libro cunha adicatoria especial. Grazas Ricardo por compartir con nós este día e acercarnos un pouco máis a literatura!
div>
Visita do escritor Ricardo Gómez - foto montaje

domingo 26 de febrero de 2012

Visita do escritor Ricardo Gómez


 O vindeiro xoves 1 de Marzo recibiremos a visita do escritor segoviano Ricardo Gómez, do cal os alumn@s de primaria leron algún do seus títulos máis coñecidos. Libros moi ilustrativos e didácticos.
Un autor moi interesante que nos falara dos seus libros e da súa fascinación pola lectura e a escrita, a fotografía, o cinema e como non pola música. Ensinaranos a súa interesante visión sobre a inxustiza e a barbarie, a paz e non a guerra, en fín sobre a súa solidaridade persoal.
Ese día os alumnos/as aproveitarán para realizarlle preguntas e para que lle asinen o libro.
Títulos deste escritor son: Mujer mirando al mar.Cuentos crudos.La conspiración de los espejos.Ojo de nube.3333.Como la piel del caimán.La isla de Nuncameolvides.Los zorros del norte.Zigurat.El cazador de estrellas. Las hijas de Tuga.Diario en un campo de barro.Bruno y la casa del espejo.La selva de los números
Os libros recomendados de lectura no colexio:

1º Ciclo:El perro que buscaba estrellas.
2º Ciclo:Los zorros del norte
3º Ciclo:El hermano secreto de Caperucita Erre.

Caperucita_cubierta_peqLos_zorrosCubierta_goss

jueves 23 de febrero de 2012

Día de Rosalia de Castro

O 24 de Febreiro recordamos o nacemento desta gran poetisa galega que escribiu tanto en lingua galega coma en lingua española. No século XIX, a época na que viviu Rosalía non resultaba nada fácil porque a lingua galega quedara reducida a un mero dialecto, despreciado e desprestixiado.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contempla, dentro do Calendario do Libro e da Lectura para o ano 2012, a data do 24 de febreiro como Día de Rosalía.
Dende a Comisión de Biblioteca do C.E.I.P. Pena de Francia non podemos deixar pasar estas datas sen facer unha pequena lembranza da mesma, por iso se propoñen unha serie de actividades (haberá unha pequena exposición co material para facilitarvos o traballo)
Tamén facémonos eco da proposta da AELG (Asocación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) que propoñen que agasallemos aos nosos seres queridos cun libro galego e unha flor, como unha forma  de lembrar a importancia da lingua e homenaxear a esta escritora fundamental. A AELG abriu un blogue no que se van recoller iniciativas en relación con esta conmemoración.
A continuación podedes escoitar a Luz Casal musicando o poema de negra sombra  ou  a Amancio Prada interpretando Adios Ríos, Adios fontes...

miércoles 22 de febrero de 2012

A vontade


Neste mes de febreiro propóñennos para traballar dende o Departamento de Orientación o valor da Vontade.
Conseguir que os fill@s saiban controlar a súa forza de vontade e teñan a capacidade e a preparación para afrontar as dificultades e os retos de cada día, non é tarefa doada.Na actual sociedade é moi normal en moitas familias que os pais/nais pretendan evitar que os seus fill@s sufran ou se esforcen en demasía, queren, por suposto, unha vida mellor para eles, o que ocorre,ás veces, é que acaban sobreprotexéndoos. Deste xeito, non estarán a lles ensinar a superar as súas dificultades, a superar os problemas, nin a que se esforcen por alcanzar o que desexan.
Os valores son os que poden axudar ao nen@ a controlar a súa vontade e promover o esforzo. Aquí expóñense algúns consellos que poden ser aplicados a diario:
1- Que os nen@s acaben as tarefas ou deberes escolares antes de ir xogar;
2- Motivar positivamente os seus bos comportamentos e tentar falar con eles (positivamente) dos malos;
3- Recoñecer o seu interese e os seus esforzos (aguantar a sede nunha viaxe, acabar os deberes, deixar a roupa preparada pola noite...);
4- Dar exemplos (de non queixarse, ser decidido, de disciplina, de comprometimiento...)
5- Non dicir xamais frases negativas como "es un desastre", "es impaciente", etc.
Evitar o fracaso:educar la voluntad, este é un enlace dun libro moi interesante e moi didáctico sobre pautas a seguir para cultivar a vontade, recollido dunha ampla bibliografía de especialistas recoñecidos.Este libro remata cunhas frases moi interesantes: "non son as malas herbas as que afogan as boas sementes, senón a neglixencia do labrego" "o futuro está no presente"
A continuación un vídeo moi ilustrativo sobre o que se pode conquerir con vontade:
video
Frases moi interesantes para reflexionar sobre a vontade:
Hai unha forza motriz máis poderosa que o vapor, a electricidade e a enerxía atómica: a vontade. Albert Einstein (1879-1955) Científico alemán nacionalizado estadounidense.
Din que son heroe, eu son débil, tímido, case insignificante, se sendo como son fixen o que fixen, imaxínense o que poden facer todos vostedes xuntos. Mahatma Gandhi (1869-1948) Político e pensador indio.
Se tivésemos suficiente vontade case sempre teriamos medios suficientes. François da Rochefoucauld (1613-1680) Escritor francés.
O querer o é todo na vida. Se queredes ser felices o seredes. É a vontade a que transporta as montañas. Alfred Victor de Vigny (1797-1863) Escritor francés.
A ninguén lle faltan forzas; o que a moitísimos lles falta é vontade. Victor Hugo (1802-1885) Novelista francés.
Non hai cousa por fácil que sexa, que non a faga difícil a mala gana. Juan Luís Vives (1492-1540) Humanista e filósofo español.
Quen ten a vontade ten a forza. Menandro de Atenas (342 adC-292 adC) Dramaturgo Grego
A vontade é a que dá valor ás cousas pequenas. Lucio Anneo Séneca (2 AC-65) Filósofo latino

lunes 20 de febrero de 2012

Día Internacional da Lingua Materna

En 1999, a UNESCO declarou o 21 de febreiro Día Internacional da Lingua Materna. O obxectivo desta celebración é impulsar a práctica das linguas maternas en todo o mundo e, en especial, as das minorías, por seren as que se encontran nunha situación máis difícil. A ONU entende que os idiomas son o instrumento de maior alcance para a preservación e o desenvolvemento da herdanza cultural da humanidade e que, daquela, toda iniciativa que promova a súa supervivencia servirá para incentivar, ademais do pluralismo lingüístico, a diversidade cultural. Pola súa vez, a diversidade cultural enténdese como un activo para o desenvolvemento dos individuos e dos pobos. Nos últimos tempos está tomando corpo o que poderiamos chamar ecolingüismo. Estes son algúns datos que se manexan na UNESCO sobre a diversidade lingüística e cultural do noso planeta:
• Máis do 50% das 6.000 linguas do mundo corren perigo de desapareceren.
• Cada dúas semanas desaparece unha lingua, por termo medio.
• 96 % das 6.000 linguas que existen no mundo son faladas polo 4% da poboación mundial.
• En tan só oito paises concéntranse a metade das linguas do mundo: Papua-Nova Guinea (832), Indonesia (731), Nixeria (515), India (400), México (295), o Camerún (286 ), Australia (260, Brasil (234).
• 90% das linguas do mundo non están representadas en Internet.
• 80% das linguas africanas carecen de transcrición escrita.
• As investigacións demostran que o ensino combinado da lingua materna coa lingua dominante permite aos nenos obteren mellores resultados na escola á par que estimula o seu desenvolvemento cognitivo e da súa capacidade de estudo.
• Nenos e adultos poden aprender outra lingua sen que se altere por iso o dominio da súa propia.
Que é unha lingua materna?
A lingua materna, aquela en que os nenos aprenden a falar, é, como dixo o poeta, “a chave coa que abrimos o mundo”. A realidade circundante chega aos meniños enchoupada do idioma da casa e este, pola súa vez, do cariño e da calor familiares. En xusta correspondencia, os falantes dun idioma devolveranlle a este o amor que transmitiu en forma de fidelidade e identificación con el. Por iso a lingua primeira axuda a configurar, dende o afecto, a propia visión do mundo, ao tempo que a identidade individual e colectiva.
PROPOSTAS para o Día Internacional da Lingua Materna son:
1. Educa no respecto a todas a linguas
2. Transmite o valor da diversidade
3. Cultiva as linguas con menos falantes
4. Fomenta a aprendizaxe de linguas
5. Perde o medo a equivocarte
6. Deixalles aos teus fill@s unha herdanza valiosa
7. Acolle as outras linguas que te rodean
8. Non lle peches a ninguén as portas da túa lingua
9. Practica o ecoturismo lingüístico
10. Fala tamén para os que están preto
Logo.

viernes 17 de febrero de 2012

Entroido no colexio



Entroido no colexio Pena de Francia 2012 - diapositivas

Preme no buzo se queres ver as fotos divertidas das mandas da semana do entroido

domingo 5 de febrero de 2012

Charles Dickens, 200 anos despois.

O vindeiro 7 de febreiro cumprirase 200 anos do nacemento do escritor Charles Dickens, a pesar dos anos transcurridos os seus libros seguen sendo moi lidos e, salvando as distancias, con certa actualidade, tanto máis agora que as desigualdades sociais están a  ser máis potentes. Novelas basadas na crítica social, na denuncia das desigualdades sociais e na defensa dos pobres.
Naceu o 7 de febreiro de 1812, en Portsmouth,nunha familia humilde. Pasou a maior parte da súa infancia en Londres e Kent, lugares que apareceron con frecuencia nas súas obras. Comezou a asistir á escola aos nove anos de idade, pero os seus estudos quedaron interrompidos cando o seu pai, un pequeno funcionario, foi a cadea, en 1824, por non pagar as súas débedas. Con once anos tivo que porse a traballar nunha fábrica londiniense de tinguiduras. Esta experiencia produciulle unha sensación de humillación e abandono que lle acompañou durante o resto da súa vida. Entre 1824 e 1826 asistiu de novo á escola, aínda que a maior parte da súa educación foi autodidacta. En 1827 conseguiu un traballo como secretario legal e, tras estudar durante un breve período de tempo o oficio, converteuse en xornalista no Parlamento.
Dickens foi un activista social tanto na súa obra como na súa vida, na que promoveu diversas campañas para mellorar a educación e a sanidade dos pobres e fundou un centro para mulleres marxinadas en colaboración coa millonaria filántropa Angela Burdett-Coutts.
Grazas a el, entre outros, puxo de manifesto a explotación brutal de que se facía vítima á poboación infantil inglesa. A el débeselle o que os dereitos de autor dos escritores, empezasen a ser tomados en conta, xa que as súas obras eran "pirateadas", por editores desaprensivos aos que beneficiaba a falta de lexislación respecto diso. Tamén foi autor teatral, en numerosas ocasións axudou a montar obras escénicas ou colaborou activamente nelas como actor.
 Principais obras:
"Esbozos por Boz" (Sketches by Boz), 1836.
"Los papeles póstumos del Club Pickwick" (The Posthumous Papers of the Pickwick Club), 1837.
"Oliver Twist", 1837-1938.
"La tienda de antigüedades" (The Old Curiosity Shop), 1840-1841.
"Barnaby Rudge", 1840-1841.
"Martin Chuzzlewitt", 1843-1844.
"Canción de Navidad" (A Christmas Carol), 1843.
"Dombey e hijo" (Dombey and son), 1848.
"David Copperfield", 1849-1850.
"La casa desierta" (Bleak House), 1852-1853.
"Tiempos difíciles" (Hard Times), 1854.
"Historia de dos ciudades" (A Tale of Two Cities), 1859.
"Grandes esperanzas" (Great Expectations), 1861.
"Nuestro mutuo amigo" (Our Mutual Friend), 1864-1865
 Frases  pronunciadas por el:
"O corazón humano é un instrumento de moitas cordas; o perfecto coñecedor dos homes sábeas facer vibrar todas, como un bo músico"
"Cada fracaso ensínalle ao home algo que necesitaba aprender"
"Hai grandes homes que fan a todos os demais sentirse pequenos. Pero a verdadeira grandeza consiste en facer que todos se sintan grandes"
"Hai cordas no corazón humano que sería mellor non facelas vibrar"
"O home nunca sabe do que é capaz ata que o intenta"


lunes 30 de enero de 2012

Enerxías renovables para tod@

A Organización de Nacións Unidas (ONU)proclama o  2012 como ano Internacional das enerxías sostibles.O obxectivo é que a poboación mundial tome consciencia sobre a importancia de incrementar o acceso sustentable da enerxía renovable no ámbito local, rexional e global.A «enerxía sustentable» é aquela enerxía que se produce e úsase de forma que fomenta a longo prazo o desenvolvemento humano no ámbito social, económico e ecolóxico.
O fín é xeneralizar o uso de fontes de enerxía non contaminantes e sistemas que reduzan a perda deste recurso básico. Na actualidade hai mil catrocentos millóns de persoas que carecen do acceso á electricidade e preto de dous millóns morren de forma prematura por cociñar ou quentarse con sistemas obsoletos.
A falta de acceso á enerxía non contaminante é un verdadeiro obstáculo para o logro dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, de alí que para 2012 a ONU poña o foco sobre esta problemática e as posibilidades que nos dá a enerxía renovable para emendalo.
A continuación  aparece unha páxina de actividades lúdicas sobre aforro de auga, eficiencia enerxética,  transporte... Comentan unha situación e despois realizan unha pregunta cas posibles resposta, e van dando ou quitando puntuación segundo se avance no laberinto do xogo. XOGO