Todas as entradas do blogue
25 novembro
8 de marzo
AS FAMILIAS CONTAN
Actividades
Animacion á lectura
Aprendizaxe
Biblioteca creativa
Celebracións
Día do Libro
Escornabot
Letras Galegas
Medio Ambiente
RADIO ESCOLAR
Recomendacións
Violencia
Visita
autores.
banda deseñada
bibliotecas escolares
ciencias
club de lectura
conmemoracións
contacontos
contos na radio
contos na radio. radio na biblio
curtas
discapacidade
diversidade funcional
día da Paz
día da muller e a nena na ciencia
euquedonacasa
familias
formación
igualdade
libros
libros dixitais
libros electrónicos
mochilas
mulleres
poesía
voluntariado
África
Mostrando entradas con la etiqueta ciencias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ciencias. Mostrar todas las entradas
jueves, 16 de junio de 2022
miércoles, 15 de junio de 2022
Falamos de... Bolboretas
Asia, Leire e Charlotte investigaron sobre as bolboretas. Esta gravación é o resultado do que aprenderon.
Falamos de... Cans
Na aula de terceiro de Educación Primaria fixeron moitos proxectos sobre temáticas diferentes.
O alumnado quixo gravar na radio a información máis interesante que aprenderon en cada un deles.
Aquí vai a primeira das gravacións.
A Valeria e Marcos interésalle moito o mundo dos cans, quixeron aprender sobre eles. Esta gravación é o resultado do que aprenderon.

Etiquetas:
ciencias,
RADIO ESCOLAR,
Radio na biblio
lunes, 8 de noviembre de 2021
Novembro mes da ciencia en galego nas bibliotecas
Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Amparo Alonso Betanzos, profesora, enxeñeira química e investigadora en intelixencia artificial. A autora salienta que "... a ciencia é o piar do benestar social e económico, o coñecemento xera persoas e sociedades máis libres e críticas e as bibliotecas son, en parte, as gardas dese coñecemento. Que máis necesitamos para gozalas?."
martes, 18 de febrero de 2020
Visitas femininas do Instituto de Investigacións Mariñas
O venres 14 de febreiro tivemos a visita, con motivo do día da Muller e a Nena na Ciencia, de Cristina Romero e de Luisa Martínez, traballadoras do Instituto de Investigacións Mariñas.
Dicir que Cristina Romero é técnica de biblioteca e documentación, está encargada da Biblioteca do CSIC en Vigo.
Luisa Martínez é doutora.en Ciencias do Mar, desenvolve a súa carreira científica e divulgadora no Departamento de Oceanografía é a responsable da Unidade de Cultura Científica da Delegación do CSIC en Galicia. Luísa é co-autora de unidades didácticas, guionista, participante na obra de teatro científico “Que traballo tan curioso “e autora do álbum informativo “Puf! Vaia peido” da Editorial Galaxía.
Luisa Martínez é doutora.en Ciencias do Mar, desenvolve a súa carreira científica e divulgadora no Departamento de Oceanografía é a responsable da Unidade de Cultura Científica da Delegación do CSIC en Galicia. Luísa é co-autora de unidades didácticas, guionista, participante na obra de teatro científico “Que traballo tan curioso “e autora do álbum informativo “Puf! Vaia peido” da Editorial Galaxía.
Elas explicáronos en que consiste o seu traballo, o labor que realiza o seu Instituto en relación ao mar, aprendimos curiosidades sobre peixes e a importancia dalgunha, das moitas, mulleres que foron pioneiras nos avances das ciencias.
Realizaron dúas charlas unha para os de 1º, 2º e 3º e outra para o resto de maiores de Primaria.
Queremos dende aqui agradecerlle a Cristina e a Luísa por este fermoso día de aprendizaxe, e por suposto o esforzo de vir ata o noso centro.


![]() |
| Os presentadores/as do acto. |


jueves, 6 de junio de 2019
ENTREVISTA AOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS: A HORTA ESCOLAR
Estes días hai moito movemento na horta escolar e iso espertou a curiosidade dos nen@s de 1º B que observan todo dende a fiestra da súa aula.
Por esa razón, decidiron facerlle una entrevista aos alumn@s
da clase de 5 anos para saber que está ocurrindo alí…
lunes, 11 de febrero de 2019
A muller e a nena na ciencia

A brecha de xénero nos sectores da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas persiste desde hai anos en todo o mundo.
O 11 de febreiro é a data sinalada para pór o foco na pouca representación que aínda existe de mulleres nestes campos. Nos últimos 15 anos, a comunidade internacional fixo un gran esforzo inspirando e promovendo a participación das mulleres e as nenas na ciencia.
Dende a biblioteca quixemos aproveitar esta data para pór o noso granciño de area e dar visibilidade ás mulleres científicas, polo que realizamos un expositor con todos eses fermosos libros que tiñamos nos andeis onde as protagonistas son elas.
Así mesmo voltamos a organizar, contando ca colaboración do Instituto Español de Oceanografía (IEO), varias charlas para todo o alumnado do centro ao longo de varias sesións, onde haberá moita información acerca de fitoplanctón, mareas vermellas, toxinas...

miércoles, 14 de febrero de 2018
11 de febreiro: día da muller e a nena na ciencia
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas decidiu proclamar o 11 de febreiro de cada ano Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
Nos últimos 15 anos, a comunidade internacional fixo un gran esforzo inspirando e promovendo a participación das mulleres e as nenas na ciencia. Desafortunadamente, elas seguen enfrontándose a barreiras que lles impiden participar plenamente nesta disciplina. De acordo cun estudo realizado en 14 países, a probabilidade de que as estudantes rematen unha licenciatura, unha mestría e un doutoramento nalgunha materia relacionada coa ciencia é do 18%, 8% e 2%, respectivamente, mentres que a probabilidade para os estudantes masculinos é do 37%, 18% e 6%.
Vivimos nun mundo global e diverso onde a igualdade non está conseguida en moitos aspectos, un dos que nos preocupa e ocupa é a brecha de xénero e a tecnoloxía. É por iso que o 27 de novembro, coincidindo co 165 aniversario do falecemento de Ada Byron, presentouse o Manifesto INSPIRA: Abrindo espazos a nenas e mulleres en ciencia e tecnoloxía.
Manifiesto:
Vivimos nun mundo global e diverso onde a igualdade non está conseguida en moitos aspectos. Un que nos preocupa e ocupa é a brecha de xénero e a tecnoloxía.
Son feitos demostrados que menos mulleres elixen unha profesión tecnolóxica, menos mulleres traballan no mundo científico/técnico, as mulleres chegan a postos de menor importancia e perciben salarios inferiores en postos de igual relevancia.
Estes feitos non se deben a un menor gusto, a unha menor capacitación, a unha inferior vocación, ou a un inferior desempeño. Son os factores sociais, culturais e educativos os que empoderan, recoñecen e incentivan menos ás mulleres que aos homes. Son os estereotipos, procesos de socialización, roles de xénero, machismos ocultos cos que construímos a educación e a sociedade os que fan crer que as mulleres son menos capaces e os que provocan que as mulleres sexan menos valoradas, social e economicamente.
Esta realidade pódese cambiar, e facelo é relevante. Xogámonos moito. E nos concierne á sociedade no seu conxunto e a cada unha das persoas e entidades que a formamos. Este manifesto constitúe un compromiso, das persoas e organizacións que se adhiren a el, de traballar activamente pola igualdade entre mulleres e homes no ámbito científico-tecnolóxico, a través das seguintes liñas de acción:
1. Reflexionar e revisar a falsa crenza de que xa hai igualdade. Coñecer os datos que demostran que esta igualdade aínda non existe e hai moito traballo que facer por conseguila.
2. Recoñecer publicamente que mulleres e homes temos as mesmas capacidades, dereitos e responsabilidades, e merecemos por tanto o mesmo recoñecemento.
3. Dar a coñecer as consecuencias da falta de igualdade existente, e traballar para concienciar á sociedade da necesidade de accións positivas para evitalas, promovendo un sistema científico-tecnolóxico responsable e diverso.
4. Visibilizar ás mulleres científicas e tecnólogas históricas e actuais, pondo en valor o seu traballo e construíndo novos referentes.
5. Reverter os estereotipos sociais, desmitificando as crenzas sobre os roles de xénero; facilitando información sobre as carreiras científicas e tecnolóxicas; e dando a coñecer o amplo abanico de posibilidades profesionais das STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas).
6. Favorecer un contexto social e educativo no que as nenas se vexan animadas, capaces e recoñecidas para que poidan elixir o seu futuro sen condicionamentos.
7.Contribuír ao empoderamiento das mulleres, desenvolvendo accións en todas as dimensións para conseguilo.
miércoles, 29 de noviembre de 2017
Novembro: mes da ciencia en galego
A astrofísica viguesa Begoña Vila, premio
Wonenburger da ciencia
A astrofísica
viguesa Begoña Vila Costa recibirá este
ano o premio Wonenburger, unha distinción que busca destacar o talento femenino
en ámbitos relacionados ca ciencia.
Estudou física na
Universidade de Santiago de Compostela e no Instituto de Astrofísica de
Canarias, doctorandose posteriormente en astrofísica no Centro Jodrell Bank
para Astrofísicos da Universidade de Marchester, e comenzando a súa traxectoria
profesional no Reino Unido e Canadá, estando na actualidade traballando en
Washington no Goddard Space Flight Centre da NASA.
É doctora en astrofísica especializada no estudio de galaxias espirais.
Na actualidade reside en Estados Unidos, onde recentemente foi premiada pola
NASA coa medalla que concede ás persoas que contribúen de xeito relevante á
misión da axencia espacial. De feito, é unha das principais responsables do
telescopio espacial James Webb, que vai substituír ao mítico telescopio Hubble,
liderando un equipo composto por máis de 1.000 persoas e que conta cun
orzamento de 9.500 millóns de euros.
Entre outras cousas está
encargada como inxeniera de sistemas de dous dos cinco instrumentos do
telescopio: o “Fine Guidance Sensor (FGS)”, un instrumento engadido ao
telescopio espacial James Webb, que é necesario pra que o telescopio apunte ao
espacio coa estabilidad crítica pa facer os seus descubrementos e o “Near
Infrared Imager and Slitless Spectrograph (NIRISS)” que fará observacions das
primeiras galaxias e estrelas que se formaron no universo e sistemas
planerarios
No ano 2016 foi condecorada
pola NASA coa medalla “Exceptional Public Achievement” polos seus anos de
liderado e logros excepcional, así como o deseñeo e desenvolvemento do “Fine
Guidance Sensor (FGS)”, un instrumento engadido ao telescopio espacial James
Webb, que funcionan como un sensor ultra-sensible que permitirá apuntar e
estabilizar o telescopio, que poderá, entre outras cosas, analizar exoplanetas
e a súa composición, ou coñecer cómo se formaron as primerias galaxias e
estrelas tras o Big Bang.
Nas anteriores edicións foron
sucesivamente distinguidas co premio Wonenburger Inmaculada Paz Andrade, Teresa
Miras Portugal, María Soledad Soengas, Carmen Navarro e Ofelia Rey, Tarsy Carballas, María José
Alonso, Carmen García Mateo, Isabel Aguirre de Úrcola e Peregrina Quintela.
A Unidade de Muller e Ciencia
creouse fai dez anos co obxectivo de incrementar a presenza da muller nos
ámbitos científico e tecnolóxico de Galicia e de situar nun primeiro plano a
perspectiva de xénero na actividade científica. Entre outras iniciativas,
instaurou o premio María Josefa Wonenburger para resaltar as traxectorias
relevantes de mulleres nos eidos das ciencias e da tecnoloxía, baixo un nome
que pretende ser unha homenaxe á figura da matemática coruñesa.
Dende as BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA chégannos unha serie de RECOMENDACIÓNS e RECURSOS para traballar.
Tamén podemos ler o MANIFESTO que escribiu a investigadora Peregrina Quintela Estévez.
miércoles, 7 de diciembre de 2016
Inventario das aves
A editorial Kalandraka vén de publicar un novo libro dentro
da serie de Inventarios ilustrados, oInventario ilustrado das aves de Virginie Aladjidi e Emmanuelle Tchoukriel.Nel descríbense as diferentes características das 80 aves que aparecen no álbum, como a plumaxe de cada especie, a peculiaridade da súa alimentación, ou curiosidades sobre os seus hábitos de apareamento ou o chío que fan ao cantar. Tamén se achegan datos como o tamaño e a envergadura media de cada ave para comparalas entre si. Estas descricións veñen acompañadas dunha fermosa ilustración.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)





















