Mostrando entradas con la etiqueta club de lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta club de lectura. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de mayo de 2026

ENCONTRO CON ANGIE ROA

O xoves pasado contamos coa compañía de Angie Roa, escritora de Mos.


            


Os nenos e nenas de 3º e do club de lectura de 5º tivemos a sorte de poder ler a banda deseñada "Noa e a cidade sen maxia", compartindo momentos coa súa autora para falar desta histora sobre Noa, unha nena que medra escoitando relatos sobre unha cruel batalla librada por culpa da maxia, da que todo o mundo renega.

Tamén houbo tempo para estes fermosos agasallos por parte de Angie, que sorte tivemos!

                                                    

jueves, 21 de mayo de 2026

Club de lectura " As Gratitudes"

 O día 19 celebrouse o último club de adultos deste curso  e con el remata a miña andaina, despois de dez anos ao cargo como coordinadora. Naceu no terceiro trimestre de 2016 co obxectivo de ter un lugar de encontro para compartir lecturas.

Desde entón, foi un espazo máxico onde cada encontro  nos permitiu  explorar mundos novos, debater, reflexionar e construír unha comunidade unida polo amor á lectura.

Con cada novo libro lido as conversacións transformábanse e con cada novo encontro os vínculos entre os que asistíamos íanse facendo máis fortes. Sentinme privilexiada de poder levar todos estes anos este espazo neste centro.

Elixín para terminar o club de lectura a lectura das "Gratitudes" Delphine de Vigan porque me parecía un xeito fermoso e significativo de agradecer a todas as persoas lectoras que me acompañaron durante estes anos.

É un libro delicado, íntimo e profundamente humano, que invita a reflexionar sobre a memoria, os vínculos e a importancia de dicir “grazas” a tempo. Con esta elección quería pechar o ciclo poñendo no centro algo que atravesou cada encontro do club: a compañía, a escoita e o intercambio compartido ao redor dos libros.

A novela lémbranos que ninguén constrúe un camiño só e que, moitas veces, as palabras e os feitos máis importantes son os máis simples. Quería reflexionar sobre a gratitude como forma de recoñecer os vínculos construídos ao longo deste tempo e valorar a comunidade lectora que se foi formando.

Para rematar expresar a miña gratitude ás persoas lectoras que compartiron nalgún momento esta biblioteca durante estes anos.

Boas lecturas.


jueves, 16 de abril de 2026

Reunión club de lectura 5ºEP

O xoves de 9 de abril levouse a cabo a reunión do 2º trimestre do club de lectura de 5º co libro "Sopa de Europa".

Que ben o pasamos viaxando polos diferentes países a través da lectura! 

E canta información intercambiamos daqueles países aos que algúns e algunhas xa visitamos, sobre todo Italia, Francia e Portugal.



lunes, 16 de febrero de 2026

Club de lectura do 2º segundo trimestre de 6º.... Dormen baixo terra

Erea acábase de mudar a Leiro, unha vila no medio das montañas onde nada é o que parece.
O perigo, soterrado na fraga, emerxe coa néboa e axexa os habitantes do lugar. Cando Erea descobre que os seus dous mellores amigos, Héitor e Anaír, están relacionados co responsábel das agresións, non dubidará en arriscar a súa vida para descubrir que segredos do pasado agocha a mina e tratar de protexer a xente, dun xeito ou doutro.

lunes, 19 de enero de 2026

Club de lectura: El cementerio de cristal


O martes 13 de xaneiro celebramos o primeiro club de lectura de adultos deste curso, que por motivos da folga non poidemos realizar no primeiro trimestre de curso.

O libro “ El cementerio de cristal” de Carlos Aurensanz deunos moito para falar . É unha novela para facer memoria do que aconteceu no penal de San Cristobal.

A novela abarca un espazo temporal comprendido entre 1936 e 1942 e finaliza cun epílogo datado en 2010.

Carlos Aurensanz introdúcenos de cheo na vida dun penal que non naceu como tal, senón que se trataba dun forte preparado para uns poucos centos de persoas e non para os máis de dous mil presos que alí se viron hacinados.

O 22 de maio de 1938 setecentos noventa e cinco recluídos do forte de San Cristóbal protagonizaron unha fuga longamente silenciada e cuxa historia empezou a recuperarse a finais dos anos oitenta. Daqueles case oitocentos presos que marcharon ladeira abaixo tentando chegar a Francia, só tres conseguiron o seu obxectivo. Uns douscentos foron ajusticiados. O resto volveu ás infrahumanas condicións de fame e enfermidade nas que alí se malvivía.




miércoles, 14 de enero de 2026

martes, 16 de diciembre de 2025

Aprázase o club de lectura de adultos

Aprázase o noso club de lectura por motivo da folga que se convoca este martes 16 de decembro, día que tiñamos a reunión en torno a lectura do libro" O cementerio de cristal" do escritor Carlos Aurensanz.

Queda aprazada a reunión para o vindeiro ano 2026, martes 13 de xaneiro ás 17.30 horas.

A continuación un vídeo da presentación, moi interesante, que realizou o escritor sobre o seu libro.




lunes, 8 de diciembre de 2025

Club de lectura de sexto

 

A lectura do grupo de sexto neste primeiro trimestre foi o libro "NEREA. A INVASIÓN DOS TRASTOS" da editorial Xerais.

Na primeira reunión que tivemos onde explicamos en que consistía un club de lectura e a súa  organización anotáronse nove persoas, na seguinte reunión onde descubriron cal era o libro a ler, pareceulles interesante e xa se anotaron vinte alumnos/as.
O mércores día 3 de decembro reunímonos na biblioteca para falar do libro. O primeiro que fixemos foi coñecer aos autores e a súa obra, Pablo PradoMiguel Rojo.
O libro trata dos excesos no uso das novas tecnoloxías.
A todos gustoulles a temática e as ilustracións, resultándolles entretido e divertido. Coincidían todos en que lles pareceu moi corto.
Foi unha reunión onde quixeron falar todos/as para dar a súa opinión e destacar o que máis lles divertiu.
Acompañamos a reunión duns doces que fixo que o tempo se fixese curto. Tiñamos previsto ver un pequeno episodio de  Dragon Ball en galego pero non foi posible, queda para outra ocasión.





jueves, 20 de noviembre de 2025

Club de lectura de sexto



 A invasión dos trastos comezou! Nerea regresa cunha nova aventura chea de humor sobre os excesos no uso das novas tecnoloxías.

martes, 14 de octubre de 2025

domingo, 11 de mayo de 2025

Club de lectura maiores: A Culpa

 

O martes 6 de tivemos o noso derradeiro club de lectura deste curso, despois de pospoñelo unha semana por causa do apagón eléctrico.

O libro que limos foi "A culpa" de Maria Solar, unha lectura na que coincidimos todas que nos gustou moito.
Escrito nun estilo claro, directo, reflexivo e, en ocasiones, poético. Afonda con axilidade, nunha historia na que conflúen elementos propios da literatura confesional para xogar cos conceptos da identidade e da dominación.

“A culpa” son dúas historias unidas por unha herdanza. Mulleres atadas para sempre por un crime cometido. Unha relación que se converte en posesión, dominación e loucura. Novela negra, onde se sabe quen cometeu os asesinatos, todos terapéuticos ou iso parece... e cun final sorprendente.
De novo agradecemos á biblioteca Neira Vilas de Vigo que nos cedeu os libros para súa lectura. 





Para rematar a coordinadora da biblioteca deixáranos unha sorpresa nun paquetiño especial cunha mensaxe ben fermosa:

Eran uns chaveiros de madeira, realizadas coa cortadora laser, da silueta do noso grande Castelao, co logo do club de lectura. Que ilusión nos fixo!! Grazas!!



martes, 1 de abril de 2025

Club de lectura: El curioso caso de Benjamin Button

 O alumnado de sexto leron neste curso o libro "El curioso caso de Benjamin Button" despois de falar del na biblioteca, decidiron realizar preguntas e respostas sobre a súa lectura na radio.

jueves, 6 de marzo de 2025

El cartero de Babdag: club de lectura de 6º

 


O xoves 27 de febreiro tivemos a reunión co alumnado de 6º, en torno ao libro "O carteiro de Bagdad" do escritor Marcos Calveiro.

Neste encontro  falamos da historia do libro. Unha familia iraquí ten que sobrevivir diariamente entre bombas e explosións. O protagonista é un neno chamado Abdulwahid; o seu pai, un dos poucos carteiros que quedan en Bagdad, sofre un accidente de moto. É entón cando lle pide ao seu fillo que termine unha misión, que consiste en entregar unha carta misteriosa. Nesta misión axudaralle o seu amigo Ahmed, que é chiita, a diferenza deles, que son sunitas.
Tamén proveitamos para falar da cultura iraquí, desde as comidas que se facían antes e en época de guerra, coñecer a diferenza entre chiitas e sunitas, saber sobre o ramadán ou sobre a existencia da única medalla de Irak nos xogos olímpicos.  

En definitiva unha reunión moi agradable, no que aprendimos sobre un país  moi diferente ao noso. 

 Para rematar o noso club deste curso tomámonos uns doces!!

lunes, 3 de febrero de 2025

Club de lectura... "Azucre"


O martes 28 de xaneiro reunímonos de novo, nesta ocasión en torno ao libro de Azucre de Bibiana Candia.

Un libro que non nos deixou indiferentes, ante os feitos que narraba: a viaxe de mil setecentos mozos galegos na procura dun futuro mellor en Cuba. Unha historia baseada en feitos reais, que nos descobre un período escuro e triste da nosa historia.
Galiza, mediados do século XIX. O país está cheo de fame e enfermidades. A única saída para os mozos pasa por buscar un futuro mellor en Cuba. Inxenuos pero cargados de ilusión, acabarán traballando nos campos de azucre de Urbano Feijóo de Sotomayor. Pero este empresario non espera traballadores, senón escravos. E é que o seu obxectivo é substituír os escravos africanos por compatriotas novos. Será entón cando descubran que «con sangue se fai o azucre».


domingo, 2 de febrero de 2025

domingo, 24 de noviembre de 2024

Club de lectura..."Mala Sorte"

O martes 19 de novembro reunímonos en torno ao libro de Marta Robles “A mala sorte”. Esta lectura, de novo, non nos deixou indiferentes e deunos moito que falar:
A crise cando as crianzas chegan á adolescencia con todo os seus problemas.
A angustia das desaparicións.
Que estaríamos dispostos a facer para ser pais ou nais?
A paternidade e a maternidade actos de xenerosidade ou egoísmo?
Para rematar falamos sobre o tema central do libro, a maternidade subrogada: 
Os ventres de aluguer negocio baseado no desexo convertido nun dereito.  Moito deste negocios atópanse en países máis pobres, onde a pobreza, a marxinación e a desesperanza son razóns de peso para acollerse a este modo de gañar diñeiroTamén debatimos o tema da explotación da muller con fins reprodutivos. 

 

jueves, 21 de noviembre de 2024

viernes, 25 de octubre de 2024

Club de lectura en 6º de EP

                       
Celebramos o club de lectura o día 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares. 
Primeiro reunímonos na biblioteca para falar do libro, onde aportaron as súas valoracións e impresións. Aproveitamos para probar unha torta de chocolate.
A continuación realizamos un programa de radio onde cada un tiña un guión  con preguntas sobre o libro.
O encargado de gravar foi Naaman.
Como desfrutamos da lectura e da gravación!! A continuación está o programa.

lunes, 23 de septiembre de 2024

martes, 21 de mayo de 2024

Club de lectura "Los lunes nos querrán"

O martes 14 de maio celebramos o derradeiro club de lectura por este curso “El lunes nos querrán” de Najat El Hachmi.

Un libro que súa lectura non nos deixou indiferentes, espertou moitas emocións de empatía cara a protagonista e todas esas mulleres que se atopan nesas situacións.
Un libro no que se fala sobre o tema a inmigración, da marxinalidade da muller inmigrante, do machismo (máis tratándose de culturas que practican o islam), da discriminación, do desarraigo, do desemprego e os baixos salarios, da dificultade de alugar un lugar para vivir sendo moro ou negro e moitos tempos de plena actualidade.
En definitiva unha lectura dura pero moi recomendable.