Mostrando entradas con la etiqueta contacontos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta contacontos. Mostrar todas las entradas

jueves, 22 de enero de 2026

Vera e Isabella contan... " Unha fabrica de bicos"

Na aula de cinco anos Vera e Isabella contaron " Unha fabrica de bicos",  a continuación elas entregáronlle uns corazóns que o alumnado tivo que decorar. Que ben o pasaron!!

Martín e Mara contan..." O coelliño branco"

 Martín e Mara foron á aula de quinto de Educación Infantil, da mestra Blanca, a contarlle a historia do Coelliño Branco, que cando chegou a súa casa a tiña ocupada pola Cabra Cabresa. 

A cativada estivo moi atenta as aventuras deste coelliño.



miércoles, 21 de enero de 2026

Julieta e Marina contan... "A que sabe a Lúa?"

 Julieta e Marina de quinto de EP foron á aula de 3 anos a contarlle un dos seus libros favoritos "A que sabe a Lúa?". Elas leváronlle tortitas de chocolate branco para que probaran a que podía saber a Lúa. 

Ao alumnado encantoulle a actividade, estiveron moi atentos. 




lunes, 12 de enero de 2026

Contacontos


 


domingo, 15 de junio de 2025

Uxía e o Mar

Esta semana o alumnado de Infantil tivo un contacontos moi especial, do libro "Uxía e o Mar", de Paula Merlán, o cal tiñan moitos nenos e nenas e por iso quixeron unha firmiña de recordo. Moitas grazas á Editorial Edicións Xerais e ao contacontos David, pasámolo xenial!










lunes, 19 de mayo de 2025

Conta contos con Bea Campos

Hoxe o alumnado de Infantil tivemos unha visita moi especial, grazas ao Concello...a conta contos Bea Campos!! Para conmemorar o día das letras galegas, veu contarnos diversos contos da "Saia da Carolina contos e cantos", onde estivemos moi atentos e entretidos. Gustounos moitísimo, esperamos poder repetir!











viernes, 9 de mayo de 2025

Taller con Sabela Gago

 O pasado xoves 9 de maio o 1º ciclo E.P puido gozar dunha actividade da actriz e profesora Sabela Gago. Mentres ela iba relatando un libro de maneira moi expresiva, o alumnado repetía algunhas palabras con tons diferentes. Ademais, os nenos e nenas iban engadindo partes da historia ao conto, de forma que os facían partícipes e promovía a imaxinación.

Moitas grazas Sabela, encantounos!


martes, 19 de noviembre de 2024

Theo conta...Antón Piñón

Na aula de quinto de Educación Infantil todos os días no proxecto lector se le un libro, a maioría das veces os le a profesora Paula pero outras se atreven os cativos/as da aula.
A Theo gústoulle moito o libro de "Antón Piñón", da editorial SM, cuxo personaxe principal é algo torpe. Un día atreveuse a contarllo aos seus compañeiros/as, como nos encantou como o fixo o  quixemos gravar na radio, por suposto el mostrouse moi motivado e así quedou...


martes, 19 de marzo de 2024

Martina e Keren contan... “ O polo Pepe”

Martina e Keren achegáronse a aula de 4º de EI, para contarlles o conto do “O POLO PEPE”, o cal  encantoulles porque ademais tiña as páxinas pop-up. 

                                  
Fixérono xenial e esperan volver a recibir máis visitas!! Moitas Grazas.





domingo, 17 de marzo de 2024

Paula e Antía contan..."!Que susto!"

Paula de 4º de EP foi á aula de seu irmán Nicolai, de 4º de EI , achegouse acompañado de seu compañeira de aula Antía.

Ambas fixeron unha pequena representación para motivar e despois contaron o conto titulado “¡QUÉ SUSTO!”, onde o protagonista era un caracol, polo que a cativada estivo moi atenta. Gustoulles moito! 
Para rematar trouxeron uns agasallos para todos os nenos e nenas. Moitísimas grazas!Unha marabilla de contadoras!



sábado, 16 de marzo de 2024

Xabi e Héber contan... "¡Aquí no hay conejos!"

Xabi de segundo de primaria foi á clase de seu irmá Pablo, 5º de EI B, acompañado do seu amigo Héber, xuntos contáronlle o conto "¡Aquí no hay conejos!"

Este é un divertido conto infantil de Tammi Sauer ilustrado por Ross Burach, publicado por Lata de Sal.

Este libro está protagonizado por un coelliño moi atrevido que tenta salvarse a si mesmo e aos seus amigos dun lobo, enganándoo para que pense que en realidade non son coelliños, a pesar do feito de que o son claramente e de que cada vez son máis e máis.

Como lles gustou ao alumnado e que atentos estiveron!!

                              


miércoles, 13 de marzo de 2024

Naamán e Dani contan... "Violeta ás agachadas"

 O venres 1 de marzo  Dani de 5º de EP foi  á aula de seu irmán Izan de 5º de EI A, achegouse acompañado de seu compañeiro de aula Naamán, para contarlles o libro de "Violeta ás agachadas" de Ramón D. Veiga, da editorial Xerais.

Unha historia moi divertida cunhas preciosas ilustracións de Abi Castillo que fixeron a ledicia do alumnado.

"A Violeta nada lle gusta máis que xogar ás agachadas. Na casa, sempre busca o mellor lugar onde esconderse: debaixo das camas, dentro dos armarios, nas alacenas da cociña... E cando xa non lle queda ningún escondedoiro por descubrir, procura outros refuxios..." 




martes, 5 de marzo de 2024

Paula e Antía contan..."Superheroes da escola"

Paula e Antía de cuarto foron á aula de 5ºA de EI a contar "Superheroes da escola".

Elas prepararan moi ben esta actividade, para crear un bo ambiente primeiro escribiron na pizarra en letras grandes e maiúsculas a que viñan, acompañadas de debuxos; a continuación pedíronlle que lles axudaran a buscar o libro pola aula, xa que elas non o atopaban, e por fín sentáronse a contar a historia do libro.

Encantoulle ao alumnado este divertido historia, mais as coloridas ilustracións sobre os poderes dos superheroes e os segredos que deben coñecer os nenos e nenas para se poderen converter nuns auténticos superheroes no cole.



Yago e Gael contan.... "O tesouro do Pirata Frank"

Yago de 4º foi a aula de primeiro, onde está seu irmán,  a contarlle o conto "O tesouro do Pirata Frank"; para a lectura ia acompañado do seu amigo Gael.
Este é un libro da editorial Patas de Peixe, cheo de cores e de aventuras. O protagonista cruza o mar, chega á illa, escala as montañas, nada no pantano, sube as escadas e chega a unha palmeira, todo para atopar o famoso tesouro de Pirata Frank.
O alumnado estivo moi atento, xa que neste conto acumulativo de ida e volta a rima e as accións mestúranse. Que divertido e que ben o fixeron!!










jueves, 29 de febrero de 2024

Martín e Martina contaron... “O polo Pepe”

 Martín e Martina, de 1º A, foron á aula de 5º A de EI a contar o conto “O polo Pepe”. Encantoulles e o alumnado pediulle que  volvesen con outros libros.  



Keren e Emma contan... “Un árbol”

Keren e Emma de 1º A foron á aula de 5º A de EI, a contar o conto “Un árbol”de Rodrigo Mattioli. A protagonista do libro decide plantar unha árbore e todo comenzou a cambiar no seu entorno.
Na aula aproveitaron para falar de todo o que pode xerar o pequeno xesto de plantar unha árbore.
 O alumnado quedou con moitas ganas de ir a horta e ver o que acontece..
.





miércoles, 28 de febrero de 2024

Martina e Mía contan ... Guay

Mía de 1º A foi contar un conto á aula de 5º B de EI, onde está seu curmán Iyel. Ela veu acompañada da súa compañeira de aula, Martina. Ambas contaron o conto titulado "Guay" de Jiménez Cañizares.

Unha divertida historia cun final sorprendente. O seus áxiles e graciosos diálogos facilitaron a atención e a curiosidade.
Que bo momento pasaron e que risas se botaron! Ata houbo  apertas de agradecemento!