Mostrando entradas con la etiqueta Animacion á lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Animacion á lectura. Mostrar todas las entradas

jueves, 21 de mayo de 2026

Club de lectura " As Gratitudes"

 O día 19 celebrouse o último club de adultos deste curso  e con el remata a miña andaina, despois de dez anos ao cargo como coordinadora. Naceu no terceiro trimestre de 2016 co obxectivo de ter un lugar de encontro para compartir lecturas.

Desde entón, foi un espazo máxico onde cada encontro  nos permitiu  explorar mundos novos, debater, reflexionar e construír unha comunidade unida polo amor á lectura.

Con cada novo libro lido as conversacións transformábanse e con cada novo encontro os vínculos entre os que asistíamos íanse facendo máis fortes. Sentinme privilexiada de poder levar todos estes anos este espazo neste centro.

Elixín para terminar o club de lectura a lectura das "Gratitudes" Delphine de Vigan porque me parecía un xeito fermoso e significativo de agradecer a todas as persoas lectoras que me acompañaron durante estes anos.

É un libro delicado, íntimo e profundamente humano, que invita a reflexionar sobre a memoria, os vínculos e a importancia de dicir “grazas” a tempo. Con esta elección quería pechar o ciclo poñendo no centro algo que atravesou cada encontro do club: a compañía, a escoita e o intercambio compartido ao redor dos libros.

A novela lémbranos que ninguén constrúe un camiño só e que, moitas veces, as palabras e os feitos máis importantes son os máis simples. Quería reflexionar sobre a gratitude como forma de recoñecer os vínculos construídos ao longo deste tempo e valorar a comunidade lectora que se foi formando.

Para rematar expresar a miña gratitude ás persoas lectoras que compartiron nalgún momento esta biblioteca durante estes anos.

Boas lecturas.


lunes, 2 de marzo de 2026

Visita de David Rodríguez

 O luns 2 de Marzo visitounos David Rodríguez polo libro "Morto de fame".

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º curso de Educación Primaria, escoitaron a este contacontos narrando o libro Morto de fame escrito por El Hematocrítico. Ademais presentounos outros libros da súa autoría, como a Superavoa. 
Para rematar cantaron unha canción que lles entusiasmou.

O libro gustoulles moito ao alumnado, xa que esta narrado con moito sentido do humor. A irmá do conde Drácula está moi preocupada porque o seu fillo non é cruel e sanguinario: é boísimo. Drácula dille que o mande á súa casa, que xa se encarga el se encargará de convertelo nun verdadeiro vampiro aterrador. Mentres, Draculiño vai como cada noite visitar o seu amigo Lobiño, que lle garda algúns doces que prepara na súa pastelaría para que o vampiro poida cear, xa que non quere nin probar o sangue. Os dous lévanse moi ben e forman unha cuadrilla de amigos xunto a outros personaxes da Fraga, como Garavanciño ou Riciños. Draculiño é moi feliz, ata que lle cae un cairo e leva un terrible desgusto.





jueves, 22 de enero de 2026

Vera e Isabella contan... " Unha fabrica de bicos"

Na aula de cinco anos Vera e Isabella contaron " Unha fabrica de bicos",  a continuación elas entregáronlle uns corazóns que o alumnado tivo que decorar. Que ben o pasaron!!

Martín e Mara contan..." O coelliño branco"

 Martín e Mara foron á aula de quinto de Educación Infantil, da mestra Blanca, a contarlle a historia do Coelliño Branco, que cando chegou a súa casa a tiña ocupada pola Cabra Cabresa. 

A cativada estivo moi atenta as aventuras deste coelliño.



miércoles, 21 de enero de 2026

Julieta e Marina contan... "A que sabe a Lúa?"

 Julieta e Marina de quinto de EP foron á aula de 3 anos a contarlle un dos seus libros favoritos "A que sabe a Lúa?". Elas leváronlle tortitas de chocolate branco para que probaran a que podía saber a Lúa. 

Ao alumnado encantoulle a actividade, estiveron moi atentos. 




miércoles, 14 de enero de 2026

martes, 14 de octubre de 2025

jueves, 19 de junio de 2025

Bo Camiño Valentiño!

 Pablo A., Paula, Mauricio e Leia de quinto de primaria gústalles moito gravar na radio e se lles ocurriu que mellor que ler un conto en lingua galega. 

Atrevéronse con libro "Bo Camiño Valentiño!" da editorial Miau.

martes, 3 de junio de 2025

INAUGURACIÓN PÉRGOLA

O día 16 de maio, xunto coa celebración dos maios e das letras galegas, puidemos inaugurar a nosa extensión da biblioteca ao aire libre. Damos grazas a Juan, quen cordinou e traballou en todo o proceso xunto co Obradoiro do Concello (a quen tamén agradecemos o seu traballo). 

Agora todo o alumnado poderá desfrutar da lectura e da aprendizaxe significativa ao aire libre.










viernes, 30 de mayo de 2025

martes, 1 de abril de 2025

Club de lectura: El curioso caso de Benjamin Button

 O alumnado de sexto leron neste curso o libro "El curioso caso de Benjamin Button" despois de falar del na biblioteca, decidiron realizar preguntas e respostas sobre a súa lectura na radio.

jueves, 5 de diciembre de 2024

Día da diversidade funcional



O 3 de decembro  conmemórase o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas.

Dende hai anos a biblioteca dende hai anos conmemoramos esta data tan importante, por un lado expoñemos libros que temos nos andeis sobre discapacidade para que o alumnado e profesorado poidan desfrutar deles.
Por outro lado neste curso achegamos no Kamishibai o libro "Mimí e a xirafa Azul" da edicións Baia Edicións, un libro que nos fala da inclusión, o respecto e o amor ás diferenzas.
Os encargados da función co Kamishibai van ser Valeria, Daniel e Pablo C. de 5º de EP, todos bibliotecarios. Realizarán dúas funcións na biblioteca, unha para o alumnado de Infantil e outra para primeiro ciclo.




martes, 19 de noviembre de 2024

Theo conta...Antón Piñón

Na aula de quinto de Educación Infantil todos os días no proxecto lector se le un libro, a maioría das veces os le a profesora Paula pero outras se atreven os cativos/as da aula.
A Theo gústoulle moito o libro de "Antón Piñón", da editorial SM, cuxo personaxe principal é algo torpe. Un día atreveuse a contarllo aos seus compañeiros/as, como nos encantou como o fixo o  quixemos gravar na radio, por suposto el mostrouse moi motivado e así quedou...


miércoles, 29 de mayo de 2024

As familias contan..."Frozen"

                                   
A familia de María veu a contarnos o conto de “Frozen”, o preferido de María. Todos estivemos atentos a historia de Elsa e Ana, xa que nos gusta moito. Ademais, para rematar, a familia de María trouxo un agasalliño para cada un de nos, un ovo de chocolate que estaba delicioso! 

Moitas grazas por esta visita, esperámosvos cos brazos abertos!





martes, 28 de mayo de 2024

Visita de Luís Vallecillo á biblioteca

Dende a editorial Consorcio agasalláronnos coa actuación de Luis Vallecillo. Onde desfrutamos da música e do humor os nenos e nenas de infantil e primeiro de primaria.

Luis Vallecillo é músico, compositor , dramaturgo e titiritero. Artista multidisciplinar.



 

viernes, 24 de mayo de 2024

Desfrutando das lecturas na biblioteca

 Na biblioteca podese ler en calquera lugar onde lles apeteza ao alumnado, para iso temos diferentes espazos.




martes, 21 de mayo de 2024

O violino de Luísa

O concello agasallonos con varios libros do mesmo título de Luísa Villalta na semana das Letras Galegas, "O violino de Luísa" de Verónica Santalices. 

Estes libros xa foron catalogados, enviado unha mostra a cada aula de primaria e unha para a biblioteca. Grazas!!

"O silencio apoderouse da Coruña. O vento e os reloxos enmudeceron. O mar, calmo, semella de chumbo. Non se oen nin as cantigas das redeiras na praia, nin as coplas dos mariñeiros nas tabernas antes de regresar á casa.
A Música e a Poesía desapareceron para asombro e tristura de toda a veciñanza. A nena Luísa Villalta e o seu inseparable compañeiro, Violino, inician unha emocionante aventura ..."


sábado, 4 de mayo de 2024

Animación á lectura: "Dona Problemas"-"Morto de Fame"

 O 29 de abril tivemos dúas sesións na biblioteca de animación á lectura , con motivo da lectura por parte do alumnado de  "Dona Problemas" e "Morto de Fame".

Ambos libros foron escritos por Miguel López, máis coñecido como Hematocritofinado en novembro de 2023 á idade de 47 anos, cando estaba traballando na edición de «Dona Problemas, salvadora da escola» (Xerais, 2024).

O encargado de levar a cabo as animacións  foi o ilustrador David Rodríguez. 

A primeira dela foi dirixida ao alumnado de 2º  co libro "Morto de Fame".

A segunda sesión estivo enfocada aos de 3º e 4º co libro "Dona Problemas".

Unha mañá moi entretida onde houbo presentacións dos libros, xogos e moitas preguntas.





domingo, 21 de abril de 2024

Club de lectura de 6ºB "El curioso caso de Benjamin Button"

Celebramos un novo club de lectura por parte das alumnas de 6ºB ca novela gráfica “El curioso caso de Benjamin Button”

A escritura deste libro naceu a raíz  dun comentario de Mark Twain acerca de que era unha pena que a mellor parte da vida viñera ao principio e a peor parte ao final. Así  Scott Fitzgerald escribiu esta novela sobre o proceso inverso protagonizado por Benjamin Button, un sexaxenario recén nacido que misteriosamente cumpre en cada aniversario un ano menos. 

As lectoras deste libro  manifestaron que desfrutaran tanto da lectura como das ilustracións;  ademais deu lugar a moitas reflexións interesantes, polo que decidimos realizar un programa de radio sobre el.



domingo, 7 de abril de 2024

Club de lectura de 6ºA

 

Este segundo club de lectura volvémolo a realizar en torno aos micrófonos da radio.
O libro que leron neste trimestre foi “O curioso caso de Benjamin Button “ unha historia escrita por F. Scott Fitzgerald, adaptada ao público xuvenil en banda deseñada.
Unha historia que lles gustou moito.
Despois da gravación do programa fomos a compartir impresións e algo de lambetadas...
A continuación podedes escoitar o programa.