Orbilmanía
Este é o blogue da Biblioteca Escolar do CEIP Plurilingüe do "Pena de Francia" de Mos.
Todas as entradas do blogue
martes, 30 de junio de 2026
FELICES VACACIÓNS DE VERÁN
miércoles, 27 de mayo de 2026
ENCONTRO CON ANGIE ROA
O xoves pasado contamos coa compañía de Angie Roa, escritora de Mos.
Os nenos e nenas de 3º e do club de lectura de 5º tivemos a sorte de poder ler a banda deseñada "Noa e a cidade sen maxia", compartindo momentos coa súa autora para falar desta histora sobre Noa, unha nena que medra escoitando relatos sobre unha cruel batalla librada por culpa da maxia, da que todo o mundo renega.
Tamén houbo tempo para estes fermosos agasallos por parte de Angie, que sorte tivemos!
jueves, 21 de mayo de 2026
Club de lectura " As Gratitudes"
Desde entón, foi un espazo máxico onde cada encontro nos permitiu explorar mundos novos, debater, reflexionar e
construír unha comunidade unida polo amor á lectura.
Con cada novo libro lido as conversacións transformábanse
e con cada novo encontro os vínculos entre os que asistíamos íanse facendo máis
fortes. Sentinme privilexiada de poder levar todos estes anos este espazo neste
centro.
Elixín para terminar o club de lectura a lectura das
"Gratitudes" Delphine de Vigan porque me parecía un xeito fermoso e significativo de
agradecer a todas as persoas lectoras que me acompañaron durante estes anos.
É un libro delicado, íntimo e profundamente humano, que
invita a reflexionar sobre a memoria, os vínculos e a importancia de dicir
“grazas” a tempo. Con esta elección quería pechar o ciclo poñendo no centro
algo que atravesou cada encontro do club: a compañía, a escoita e o intercambio
compartido ao redor dos libros.
A novela lémbranos que ninguén constrúe un camiño só e
que, moitas veces, as palabras e os feitos máis importantes son os máis
simples. Quería reflexionar sobre a gratitude como forma de recoñecer os
vínculos construídos ao longo deste tempo e valorar a comunidade lectora que se
foi formando.
Para rematar expresar a miña gratitude ás persoas
lectoras que compartiron nalgún momento esta biblioteca durante estes anos.
jueves, 14 de mayo de 2026
BÚSQUEDA DO TESOURO NA BIBLIOTECA
Para celebrar o día do libro, todos os cursos, dende os pequenos e pequenas de 3 anos ata o alumnado de 6º, fixeron unha búsqueda de Orbil, a nosa nova mascota.
Tiveron que levar a cabo por equipos diferentes acertixos e probas, todas relacionadas con libros que poden atopar na biblioteca, dende "A vaca que puxo un ovo" ata "Harry Potter".
miércoles, 13 de mayo de 2026
martes, 28 de abril de 2026
23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO
Outra das actividades que fixemos para conmemorar o día do libro, foi unha lectura compartida entre grandes e pequenos de todo o cole.
jueves, 23 de abril de 2026
23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO
Que mellor forma de celebrar o día do libro que estreando un novo rincón no noso patio.
viernes, 17 de abril de 2026
Club de lectura para as familias
jueves, 16 de abril de 2026
Reunión club de lectura 5ºEP
O xoves de 9 de abril levouse a cabo a reunión do 2º trimestre do club de lectura de 5º co libro "Sopa de Europa".
Que ben o pasamos viaxando polos diferentes países a través da lectura!
E canta información intercambiamos daqueles países aos que algúns e algunhas xa visitamos, sobre todo Italia, Francia e Portugal.
miércoles, 15 de abril de 2026
Obradoiro de cartón
Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria tiveron este martes un obradoiro no que elaboraron o seu propio dragón de cartón, vendo así formas de divertirse empregando un material tan sinxelo como é o cartón, sendo así unha forma de reciclalo no colexio e na casa.
viernes, 27 de marzo de 2026
21 DE MARZO - DÍA DA POESÍA
Para celebrar o día da poesía que foi o pasado sábado día 21,
jueves, 26 de marzo de 2026
viernes, 20 de marzo de 2026
Compartindo momentos con Érica Esmorís.
O venres anterior, 13 de marzo, tivemos a sorte de contar coa visita da escritora de "Patio de luces", Erica Esmorís.
miércoles, 18 de marzo de 2026
Mulleres coa natureza
Aquí vos deixamos algunhas fotos de como foi o proceso de traballo para levar a cabo o concurso do 8M: búsqueda de información no mural exposto fóra da biblioteca e a través do QR, actividade con material de Polos creativos...
Este concurso contou con varios gañadores e gañadoras que levaron de premio un marcapáxinas do 8M.
Noraboa!






.jpeg)
































.jpg)

