Mostrando entradas con la etiqueta conmemoracións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta conmemoracións. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de abril de 2025

AFILLAMENTO LECTOR

 Como en cursos anteriores con motivo do Día do Libro realizamos o apadriñamento e amadriñamento lector, onde o alumnado máis maior le aos máis pequenos.

Por motivos das vacacións de Semana Santa este  acto realizouse o día 25.

A idea era que todo o alumnado saíra a realizar esta actividade  no noso fermoso patio pero o impedíunolo o neboeiro e as pingas de choiva.

O alumnado de 2º a 6º responsable da lectura co seu libro escollido foi buscar ao alumnado asignado a clase correspondente, despois elixiron un lugar onde procederon a ler e escoitar.

Foi unha xornada moi estimulante onde se desfrutou da lectura nun entorno diferente!!






miércoles, 24 de abril de 2024

Apadriñamento lector no Día Internacional do libro

O martes 23 de abril, Día Internacional do libro, celebrámolo con apadriñamentos lectores, que consiste na lectura dun alumno/a máis maior  a un máis pequeno.


Previamente nas semanas anteriores organizamos as parellas, para que o alumnado soubese a que persoa lle ían ler, tamén tiveron que elixir o libro e ensaiar para ese día.

Así ese día ao finalizar o recreo cando tocou o timbre o alumnado foi  ás aulas a buscar o libro para a lectura e a toalla para sentarse, mentras os de  infantil  esperaban no seu patio. A continuación cada alumno/a foi  buscar ao neno/a ao que tiña asignado e buscaron un sitio axeitado para o seu momento de lectura.

Foi unha actividade satisfactoria para o alumnado, que resultou moi bonita; axudou o  día luminoso e o  noso fermoso patio. 
Todos/as desfrutamos moito deste día en torno á lectura. A continuación deixamos a mostra con estas fermosas fotos!



















viernes, 22 de marzo de 2024

Xornalistas premiados

 





Celebrando a semana da Prensa

 Para a semana da prensa propuxémoslles ao alumnado un concurso de redacción de novas (algo disparatadas) para que participaran no xornal de Orbil da biblioteca, baixo o lema "Búscanse xornalistas". Se lle deu un pequeno guión para realizalas e un modelo para escribir. 
Como a  participación foi alta realizouse un mural (fronte a biblioteca) con todas as novas.

O alumnado de educación infantil aportou ao xornal a publicidade.

Os/as dous xornalistas por aula cas novas máis orixinais se lle deu un agasallo e os demais por participar un marca-páxinas (elaborado polo equipo da biblioteca)







miércoles, 25 de octubre de 2023

Kamishibai no Día das Bibliotecas Escolares


Un ano máis celebramos o Día das Bibliotecas Escolares ca lectura de libros. 
Pero neste curso o realizamos co apoio do noso Kamishibai e varias axudantes da biblioteca de 6ºA.
Para esta actividade previamente eliximos varios libros, preparamos as ilustracións e por suposto as lecturas co alumnado. 
Durante varios días diferentes cursos desfrutarán desta actividade na biblioteca durante  o proxecto lector!

Empezamos a semana  co libro da editorial  kalandraka   "Xaime e as Landras" da man das excelentes contacontos María e Uxía. Tiveron que realizar dous pases, un deles para os cursos de 1ºA e 1ºB e outro para 2ºA e 2ºB.
Foi unha actividade que lles encantou !!






jueves, 9 de marzo de 2023

Lazos lilas no Día Internacional da Muller

Con motivo do Día Internacional da Muller decídimos que o alumnado de 6º realizara na impresora 3D o seu  lazo de cor lila para ese día, para posteriormente colocalos nun chaveiro.  Para Soledad Castro tamén houbo un chaveiro. 
Quedaron moi lindos!!


viernes, 28 de octubre de 2022

Celebrando o Samaín

Neste curso volveron as cabazas e a decoración polo Samaín ao colexio. 

O voluntariado da  biblioteca tamén quixo que este lugar estivese ambientado. Ademais como  é habitual algúns dos moitos libros con temática de medo saíron dos andeis para colocarse nunha exposición. 

De novo este curso nas diferentes aulas houbo expresión escrita sobre o Samaín, nos días previas a esa data, no venres houbo lectura e elección das dúas mellores historias, para posteriormente gravar na radio.