miércoles, 25 de octubre de 2023

Kamishibai no Día das Bibliotecas Escolares


Un ano máis celebramos o Día das Bibliotecas Escolares ca lectura de libros. 
Pero neste curso o realizamos co apoio do noso Kamishibai e varias axudantes da biblioteca de 6ºA.
Para esta actividade previamente eliximos varios libros, preparamos as ilustracións e por suposto as lecturas co alumnado. 
Durante varios días diferentes cursos desfrutarán desta actividade na biblioteca durante  o proxecto lector!

Empezamos a semana  co libro da editorial  kalandraka   "Xaime e as Landras" da man das excelentes contacontos María e Uxía. Tiveron que realizar dous pases, un deles para os cursos de 1ºA e 1ºB e outro para 2ºA e 2ºB.
Foi unha actividade que lles encantou !!






No hay comentarios:

Publicar un comentario