Mostrando entradas con la etiqueta 25 novembro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 25 novembro. Mostrar todas las entradas

martes, 26 de noviembre de 2024

Actividades para conmemorar o 25 N

 O 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Esta  é unha data  significativa que convida á reflexión e de  acción para erradicar a violencia machista en todas as súas formas.

 Mais por que se escolleu este día en particular? A resposta lévanos a unha historia de  loita e sacrificio: a traxedia das irmás Mirabal.


As irmás Mirabal, coñecidas como “As Bolboretas“, foron tres mulleres dominicanas —Patria, Minerva e María Teresa— que loitaron valentemente contra a ditadura de Rafael Trujillo, un réxime brutal que asolou a República Dominicana durante máis de 30 anos. A súa resistencia política e a súa loita pola liberdade converteron as Mirabal en símbolos de dignidade e forza feminina nun contexto de represión extrema.
O 25 de novembro de 1960, as tres irmás foron brutalmente asasinadas por militares do ditador Trujillo, cando viaxaban para visitar os seus maridos encarcelados. O réxime tentou disfrazar o crime como un accidente, mais a verdade saíu á luz e o seus asasinatos provocou unha onda de indignación que contribuíu a desestabilizar a ditadura. A memoria das irmás Mirabal  converteuse nunha bandeira contra a violencia.
25 de novembro foi declarado Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres en 1981, durante o Primeiro Encontro Feminista de Latinoamérica e o Caribe, como homenaxe ás irmás Mirabal.
Cada ano, este día serve para recordar as vítimas, esixir xustiza e promover políticas que poñan fin á violencia machista. As cifras continúan a ser alarmantes: mulleres que sofren abusos físicos, psicolóxicos e sexuais.
O 25N é un chamado urxente para que os gobernos e a sociedade civil  traballen  por un mundo libre de violencia de xénero.

Dende o noso centro escolar nesta data realizamos diversidade de actividades de sensibilización cara a igualdade e eliminación da violencia entre os xéneros:
  • Na biblioteca  exposición de libros relacionados ca violencia e igualdade.
  • Gravación dun manifesto para este día por parte de alumnado de sexto de EP.
  • Lecturascompartidas:https://bibliotecapena.blogspot.com/2024/11/lecturas-compartidas-entre-1-e-4.html
  • Lazos lilas na impresora 3D, para crear un chaveiro para todo o alumnado de sexto de EP.

  • Colocación de lazos lilas, por parte de todo o alumnado, nas reixas exteriores do colexio.
  • Realización dun mural colectivo, entre todas as aulas, baixo o lema " Neste 25 N regamos..." Onde cada aula escribía nuns pétalos palabras ou frases cara a igualdade.








jueves, 14 de noviembre de 2024

25 N

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES


domingo, 27 de noviembre de 2022

Actividades diversas en torno ao 25 de novembro

O noso centro na semana en que se conmemora o Día Internacional da eliminación da violencia de xénero realizamos actividades diferentes dirixidas e comprometidas para facer fronte a esta violencia, abrindo camiños para buscar a igualdade e o respecto entre homes e mulleres


Así realizamos unha gran árbore, na entrada da biblioteca, que lle chamamos “A árbore dos afectos” onde  cada clase colocou dúas palabras decoradas, en referencia a convivencia, previamente traballas e cada alumno/a plasmou a súa man nas ramas da árbore.

A biblioteca ofertou libros para traballar nas aulas, colocándoos nun moble visible.

As aulas traballaron de maneira diferente a data do 25 N para sensibilizar: dende a o visionado de vídeos e cancións, que se proporcionaron dende a biblioteca, lectura de libros de igualdade e incluso leron contos clásicos con estereotipos machistas, os  que tiveron que volver a reescribir e ilustrar. Clases que traballaron o tema rematando ca elaboración dun vídeo…
O venres 25 de novembro realizamos un acto no salón de usos multiples para todo o centro, onde o alumnado de sexto leu un manifesto sobre o significado desta data e o que se pretende, proxectaron unha presentación sobre o que implica o maltrato, tamén se viu un vídeo realizado polo clase de cuarto e para rematar cantamos e bailamos a canción de Guadi Galego “Chea de Vida”, que se traballara nas aulas para ese día poder cantala.





miércoles, 27 de noviembre de 2019

Pequenos xestos para eliminar a violencia

"Pequenos xestos para eliminar a violencia" este é o lema deste ano con motivo do 25 de novembro, enlazando co título do noso PDI deste curso "Pequenos xestos para salvar o Planeta".
Quixemos que houbese unha reflexión nas aulas, entre o alumnado, sobre formas para a eliminación  da violencia, e que cada neno/a o plasmará nunha pequena frase ou palabra, nun pétalo dunha flor que se lle entregou, cada unha desas flores fóronse colocando nunha gran árbore colocada na entrada da biblioteca.
Por outra banda cada alumno ao longo da mañá elaborou unhas gafas para ver todo de cor lila,  se leeu un manifesto no salón de usos múltiples e cantamos unha canción.






domingo, 24 de noviembre de 2019

Debemos eliminar a violencia contra a muller.


A violencia contra mulleres e nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo actual sobre as que apenas se informa debido á impunidade da cal gozan os perpetradores, e o silencio, a estigmatización e a vergoña que sofren as vítimas.
En forma xeral, a violencia maniféstase de forma física, sexual e psicolóxica e inclúe:
-violencia por un compañeiro sentimental (violencia física, malos tratos psicolóxicos, violación conxugal, femicidio);
-violencia sexual e acoso (violación, actos sexuais forzados, insinuacións sexuais non desexadas, abuso sexual infantil, matrimonio forzado, espreita, acoso rueiro, acoso cibernético);
-trata de seres humanos (escravitude, explotación sexual);
-mutilación xenital e matrimonio infantil.
Para maior clarificación, a Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller emitida pola Asemblea Xeral da ONU en 1993, define a violencia contra a muller como "todo acto de violencia que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou sicológico para a muller, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se producen na vida pública como na vida privada."
Aínda que todas as mulleres, en todas partes do mundo, poden sufrir violencia de xénero, algunhas mulleres e nenas son particularmente vulnerables, exemplo delas son as nenas e as mulleres máis maiores, as mulleres que se identifican como lesbianas, bisexuais, transgénero , as migrantes e refuxiadas, as de pobos indíxenas ou minorías étnicas, ou mulleres e nenas que viven co VIH e discapacidades.
A violencia contra a muller segue sendo un obstáculo para alcanzar igualdade, desenvolvemento, paz, do mesmo xeito que o respecto dos dereitos humanos de mulleres e nenas. O que é máis, a promesa dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) de non deixar que ninguén quede atrás, non poderá cumprirse sen primeiro pór fin á violencia contra mulleres e nenas.
A formación e a educación é un pilar fundamental para ir erradicando esta plaga tan extendida. Asi o equipo mestras/e do noso centro  pon o seu granciño de area para educar ao alumnado e aos maiores neste tema, para o que realizou unha exposición na biblioteca con todo aqueles materiais libros e lemas para traballar  a igualdade e coeducación, elaborano unha gravación na radio de sensibilización e programándose  actividades diversas para o día 25 de novembro.

domingo, 2 de diciembre de 2018

Violencia cero

Nesta semana de sensibilización  sobre a violencia de xénerrematamos este venres 30  cun acto  no salón de usos múltiple,  onde  as nenas de sexto leron un manifesto aos presentes, no que explicaban o motivo deste día, as formas de violencia e abusar tanto fisica como psicolóxicamente, explicaron as formas do "non amor" e a necesidade de que as persoas debemos sentirnos libres de presións nas relacións de parella, sen permitir ningún tipo de violencia...seguidamente  leron un poema e o nome  e idades das vitimas da violencia deste ano.
Para rematar cantamos a canción de Melendi "Dejala que baile" e a de Ses "Concordia de Papel"
Desexamos que todo este traballo que se realiza dende os centros escolares se manifeste na formación de  mellores persoas e máis sensibles cas mulleres, e podamos desterrar esta conmeración do calendario.




miércoles, 28 de noviembre de 2018

O mellor invento para erradicar a violencia

Como este curso o noso proxecto de centro son os inventos, sobre este tema versa o 25 de novembro.
Asi  co lema  "O mellor invento para conservar a amizade é..."  prantexámolo na aula para iniciar o debate, sobre como erradicar a violencia hacia as mulleres, unha vez reflexionado o alumnado e profesorado, escribe a súa palabra ou frase na silueta dunha man, estas siluetas se colocaron en torno as figuras dun home e unha muller situados nunha balanza.
 

O venres reunirémonos na sala de usos múltiples para ler un manifesto e cantar un par de cancións, que se levan ensaiando toda a semana.

domingo, 25 de noviembre de 2018

Recursos para un 25 de novembro sen violencia

No noso centro estamos realizando un mural de mans con mensaxes nelas, unha vez que na aula se realizou reflexión sobre o tema da violencia e os seus tipos. Para introducir o tema se empregan diferentes recursos, entre outros estarían estes:
Expositor con libros da biblioteca para empregar nas aulas:

Recursos diversos que existen en rede como por exemplo:
"Unha feliz catrastrofe" de Adela Turín. Unha historia moi habitual nos fogares ata que un día cambian os papeis...


 "O monstruo" de Daniel Martín e Ramón Trigo. Un libro que ofrece dende unha óptica infantil, unha mirada particular sobre ese monstruo que sigue instalado en moitas casas.

 
Un vídeo sinxelo con datos interesantes para reflexionar.



Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

Resultado de imaxes para lazo de violencia de generoO Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa Resolución 50/134 o 17 de decembro de 1999, celébrase anualmente cada 25 de novembro, en memoria das irmás Mirabal. A proposta para que se celebrase nesa data realizouna a República Dominicana, co apoio de 80 países.


Na República Dominicana rexistrouse o asasinato das tres irmás Mirabal, feito que tivo lugar o 25 de novembro de 1960, por orde do ditador dominicano Rafael Leónidas Trujillo
En 1981 celebrouse en Bogotá, Colombia, o ''Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe'', onde se decidiu marcar o 25 de novembro como o "Día Internacional de Non Violencia contra as Mulleres", lembrando o asasinato das tres mulleres. 
En 1993 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a ''Declaración sobre a Eliminación da Violencia contra a Muller'', na que se definiu a "violencia contra a muller" como: 
''Todo acto de violencia baseado no xénero que ten como resultado posible ou real un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas, a coerción ou a prohibición arbitraria da liberdade, xa sexa que ocorra na vida pública ou na vida privada''. 
Na devandita Asemblea recoñeceuse que eran necesarios "unha clara declaración dos dereitos que se deben aplicar para asegurar a eliminación de toda violencia contra a muller en todas as súas formas, e un compromiso dos Estados e da comunidade internacional en xeral para eliminar a violencia contra a muller".

A pesar dos avances na brecha de xénero, sigue sendo moi necesario un día como este para loitar contra a eliminación da violencia de xénero nas súas distintas formas.

lunes, 27 de noviembre de 2017

Somos iguais

Neste Planeta os homes e mulleres somos iguais, foi o fio condutor deste ano para traballar a eliminación da violencia contra as mulleres. Nas aulas realizárose actividades diferentes para sensibilizar ao alumnado:lectura de libros, visionados,  mans pintadas, lazos lilas, debuxos, frases ou lemas...
Dende a biblioteca organizamos un acto o día 24, onde os colaboradoras/es tiveron un papel fundamental, por unha banda o curso de 5ºA realizaron un gran traballo  para reflexionar  mediante preguntas sobre a violencia de xénero e o curso de 5ºB escenificaron en teatro de sombras o libro de "Artur e Clementina". Para rematar disfrutamos cantamos a canción " Chea de Vida" de Guadi Galego, que preparáramos cos substítulos.