viernes, 22 de noviembre de 2024

Conmemorando o 25 N

 O 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Esta  é unha data  significativa que convida á reflexión e de  acción para erradicar a violencia machista en todas as súas formas.

 Mais por que se escolleu este día en particular? A resposta lévanos a unha historia de  loita e sacrificio: a traxedia das irmás Mirabal.


As irmás Mirabal, coñecidas como “As Bolboretas“, foron tres mulleres dominicanas —Patria, Minerva e María Teresa— que loitaron valentemente contra a ditadura de Rafael Trujillo, un réxime brutal que asolou a República Dominicana durante máis de 30 anos. A súa resistencia política e a súa loita pola liberdade converteron as Mirabal en símbolos de dignidade e forza feminina nun contexto de represión extrema.
O 25 de novembro de 1960, as tres irmás foron brutalmente asasinadas por militares do ditador Trujillo, cando viaxaban para visitar os seus maridos encarcelados. O réxime tentou disfrazar o crime como un accidente, mais a verdade saíu á luz e o seus asasinatos provocou unha onda de indignación que contribuíu a desestabilizar a ditadura. A memoria das irmás Mirabal  converteuse nunha bandeira contra a violencia.
25 de novembro foi declarado Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres en 1981, durante o Primeiro Encontro Feminista de Latinoamérica e o Caribe, como homenaxe ás irmás Mirabal.
Cada ano, este día serve para recordar as vítimas, esixir xustiza e promover políticas que poñan fin á violencia machista. As cifras continúan a ser alarmantes: mulleres que sofren abusos físicos, psicolóxicos e sexuais.
O 25N é un chamado urxente para que os gobernos e a sociedade civil  traballen  por un mundo libre de violencia de xénero.

Dende o noso centro escolar nesta data realizamos diversidade de actividades de sensibilización cara a igualdade e eliminación da violencia entre os xéneros.
Neste curso realizamos a gravación dun manifesto para este día por parte de alumnado de sexto de EP.


No hay comentarios:

Publicar un comentario